miércoles, 25 de septiembre de 2013

CANCIÓN DE SOLVEIG. E. GRIEG

video

REMATANDO SETEMBRO


 Misca e Rabuda
Nai e filla...


Sempre pensei que nunca  ía dar atopado ese lugar no que quedar definitivamente, no que o tempo transcorre lentamente, pero sen deterse... Ese sitio no que as cousas amosan a verdadeira cara que teñen, sen disfraces, sen sorrisos ficticios... Ese recanto no que se pode escoitar o silencio, arrolado polos sons case imperceptibles do camiñar dos días.

Xa remata  setembro e, a verdade, logo de estar case tres meses illada do mundo, creo que atopei o que buscaba. Mágoa ter que voltar de novo ás rutinas de sempre, de sempre que chega setembro. Supoño que botarei moito de menos ese universo paralelo, pois canto máis tempo pasa, máis me afogan as paredes da gaiola. Debe ser por iso polo que demorei o regreso a ela. Ademais, trouxen comigo unha nova colección de canas, dúas enrugas máis, unha fermosa planta de interior e 53 tacos deses que non se poden romper. O das canas e as enrugas non me importa demasiado. Os tacos tampouco... Preocúpame a planta. Igual a boto a perder...