sábado, 7 de noviembre de 2009

A NENA DO PARAUGAS



A NENA DO PARAUGAS

Tiña a penas 3 anos cando descubríu que súa irmá máis vella xa ía á escola e que, para elo, lle mercaran unha nova carteira e un paraugas. Eses obxectos parecéronlle os máis fermosos do mundo e, nun descoido de súa irmá, colleunos e con decisión, baixou as escaleiras da súa casa, informando a quen se cruzaba no seu camiño: “Eu tamén vou á escola”.
Na súa inxenuidade, desexou ser grande, ter un espazo no mundo das persoas maiores, pero non calculou ben as consecuencias de tan ousado feito. Súa irmá nunca lle perdoaría que ela se fotografase cos seus máis prezados tesouros: a carteira e, sobre todo, o paraugas.
Pasaron os anos e a Nena do Paraugas xa é maior. Aínda vai á escola e está convencida de que, o día que perdamos a infancia, perderemos a mirada limpa, ousada e sincera coa que, cando eramos crianzas, contemplabamos o mundo.

Concha L. F. – 1963 – Foto: Sr. Ramón

3 comentarios:

  1. O sorriso inocente e sincero de uma criança é das coisas mais bonitas que há!

    Parabéns pelo teu blog,

    Beijinhos,

    ResponderEliminar
  2. A lembranza de eses momentos que, sendo tan pequenos, marcaron toda unha vida.
    Os ollos ben abertos, a mirada limpa, o sorriso inocente e toda a esperanza…

    Un bico.

    ResponderEliminar

  3. Pero nunca perderemos la infancia. No podemos permitirnos ese despropósito. Quedaríamos incompletos, a merced de la locura..

    bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar