viernes, 22 de octubre de 2010

DÁ NOXO!






Sinceramente, dá noxo que teñamos que vivir rodeadas de persoas así.
É totalmente inxustificable que a estas alturas da película, cando se levan vertido ríos de tinta defendendo a equidade, xa non só a igualdade, que veña un home tan versado en asuntos de política e diga o que dixo o señor León de la Riva. E que aínda enriba teñamos que aguantar que pide unhas desculpas que, seguramente, non sinte, só para xustificar iso, o inxustificable. E que estea aínda tan comodamente ocupando unha cadeira dun cargo público.
E non porque as súas palabras fosen referidas a unha ministra, senón porque se referían a unha muller.

Pregúntome, sería este home capaz de dicir o mesmo da súa nai, da súa irmá, da súa dona ou de calquera muller do seu entorno, se fose o caso? Como reaccionaría se alguén dixese o mesmo de calquera muller da súa familia?

Dá noxo!

Concha L. F.

P. D.: E coloco a súa imaxe para que non se esqueza.

11 comentarios:

  1. Moito máis que noxo, porque o profesión do "vello verde"(para min ten o calificativo que se lle daba noutros tempos a homes como el) e a de XINECÓLOGO...¿haberá alguha muller que acuda á súa consulta?

    ResponderEliminar
  2. Concha, xa levamos falado algo acerca da lingua dos políticos. Acostuman a mandala a pacer sen pensar onde. O deste a verdade é que para min non ten ningún tipo de calificativo, bueno si que o ten o que pasa e que non quero que me denuncien. O bo é que temos que pensar que a cidadanía progresa a pesar desta tropa.

    ResponderEliminar
  3. Eu xa comentei onte en varios blogs que falaban disto que este "tipiño" non podía seguir ni un minuto máis vivindo a conta d@s contribuíntes.
    A esta caste de machos que van polo mundo levantando a pata para mexar e marcar o territorio non poden ocupar ningún cargo público, que se queden na súa casa mirando para boca da súa filla ou da muller.
    O de pedir desculpas non vale, pero estes téñeno ben aprendido, primeiro ofendo e despois saio e digo non quería dicir o que dixen, e non pasa nada. XA ESTÁ BEN!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. O que mais me jode e que mulleres do seu partido, lle restan importancia... e saen nos medios dicindo, bueno, xa se disculpou, xa está; peor zapatero que... etc.

    Hai homes que non saben distinguir entre os seus desexos sexuais íntimos, e a expresión pública destes...

    ResponderEliminar
  5. Dicíame unha moza onte, [que ten uns morritos que serían a ledicia deste home] que antes lambería a rúa despois dun botellón, ca facerlle unha mamada a este señor, do noxo que lle daba!
    Eu quedei pensando na comparación un bo anaco, [dubidando]
    Concha, perdoa que bromee un pouco, e que se non... potamos!

    ResponderEliminar
  6. creo que si diría o mesmo (ou pensaría) de calquera muller da súa familia, agás da súa nai. Súa no senso de propiedade inalienábel. iso si, dende o seu ego de "macho cavernario" non deixaría que os demais pensasen iso da súa muller, non polo significado das palabras, senón porque outra vez viría a saír o seu sentimento de propiedade. Á miña muller só lle pego eu.
    dan noxo!!!

    ResponderEliminar
  7. Habería que inventar un novo termo, noxo non chega. Xa dixen dabondo no meu blogue.
    Bicos.

    ResponderEliminar

  8. Esta 'persona' nos hizo un gran favor. Ha puesto en evidencia su pensamiento íntimo, el mismo que comparte mucha masa sociológica cavernaria. Tanta evidencia hará que muchos pongas sus barbas a remojar y contengan su verbo, que es un paso para atemperar su pensamiento. Sus hijos, los de esa masa cavernaria, avergonzados, no seguirán el ejemplo de su progenitores... que el aprendizaje vicario es el peor.
    Gracias señor alcalde. Si yo fuera mujer,me preocuparía mucho por lo que usted piensa cuando, en su consulta, me encuentre inerme ante sus ojos. Y si fuera mujer de su partido, debiera preguntarme quién de los dos está de más.
    Gracias señor alcalde. Nos ha hecho un favor.

    bicos, Concha

    CR & LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  9. Gústame a túa nova apariencia, xa cambiei o enlace, xa te sigo nesta nova xanela. Bicos

    ResponderEliminar
  10. Noxo é pouco, o que verdadeiramente sentín ao escoitar a este "elemento" foi vergoña allea, porque se é noxento que pense así cando ten que valorar unha "adversaria" política non quero nin pensar o que pode "pensar" das do seu partido ou das súas colaboradoras... Probes, o que terán que aturar, ou é que consenten sen lle dar importancia? Iso tamén me daría moitísima vergoña allea.
    As desculpas nestes casos só son formalismos, non teñen creto ningún. Así que, como di o refrán: "o raposo con moito garbo nunca boa galiña come", ou "o raposo perderá a la, pero non as mañas".

    ResponderEliminar