lunes, 22 de noviembre de 2010

CUARTO BALEIRO



Empty room



"Adoitaba tremer cando alguén fixaba a vista nela. Sempre pensaba que acto seguido aparecería una palabra de censura, un insulto, un xesto de desprezo ou o que é peor, un golpe. Por iso, cando a muller do traxe azul se volveu cara ela, baixou a cabeza e protexeu o rostro coas mans.
A muller tocou levemente o seu ombreiro e díxolle:

- Por que non me contas unha desas historias que cada día foxen polo van da túa fiestra?"


Cada 25 de novembro facemos o reconto definitivo de tantas mulleres que deixan a súa vida colgada da fiestra da súa soedade. Elas son silenciosas e, desde o seu silencio falan dos seus medos. Falan cando xa a súa voz non se escoita, pois o cuarto que habitan, de repente, queda baleiro de vida.

E aí, nese van que encerra tanta violencia, queda suspendido o seu berro, afogado pola escuridade do corredor da morte.


Concha L. F.




11 comentarios:

  1. moi ben escollida a foto para a ocasión, e o texto que teciches arredor dela para o día: o 25 de novembro.
    por estas datas, cando en todos os sitios se fala do asunto, abáfanme lonxanas lembranzas,
    afógame a rabia,
    arrrrfo.
    todos rachamos a roupa, ficamos nús reclamando cara as institucións,
    pero a parte que nos toca,
    na educación dos nosos fillos e fillas,
    os exemplos nimios que ven na casa, que parecen sin importancia,
    como que o pai é servido pola nai,
    contribuen a crear o clima social onde aniña a desigualdade e da que nace o maltrato.
    non! hai que dicir cando o mozo protesta porque ela vai coa saia moi curta, seica.
    non!, cando pide que non te pintes.
    non!, cando di, tí disto non sabes, cala a boca.
    temos que aprender a querer, concha,
    as mulleres temos que aprender a querer.

    Gustoume moitisimo o teu texto. non sabes canto.

    ResponderEliminar
  2. Xa teño dito tanto, tantas cousas, case sempre en privado, que non sei se me quedan xestos.
    Furia freada, tristeza calada, boca pechada.
    Preciosa a túa contribución e tamén a fotografía.
    O 25 irei á manifestación

    ResponderEliminar
  3. Non deixamos de visualizar (en silencio) maltratos que temos que denunciar. Aposto pola axuda que se pode brindar altruistamente coa valentía de denuncialos. Un biquiño

    ResponderEliminar
  4. ¿Pensas que algún día parará esta loucura? Oxalá que sí. É tan triste! Biquiños,

    ResponderEliminar

  5. · Hoy también es 25 de Noviembre. Debieran serlo todos los días. Nadie debiera sufrir la violencia de los otros y, especialmente, las mujeres que a lo largo de la historia han tenido que asumir, no por su gusto, un papel secundario en la injusta sociedad en la que estamos sumergidos.
    · Hoy, también, es 25 de Noviembre. Y mañana...
    · Tus palabras no pueden sr más dolorosamente poéticas.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  6. A violencia exercida sobre outro ser humano na mazmorra da intimidade é unha das maiores aberracións que poidan concibirse.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  7. Si as paredes falaran...pero non o fan. O medo e unha das peores sensacións que pode sentir o ser humano.
    A sociedade debe tomar conciencia e non mirar para outro lado. Hai que denunciar estos actos que non teñen xustificación algunha.
    Grazas polas tuas verbas cargadas de sentimentos e pola fotografía.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  8. fermoso texto ! curiosamente eu compuxen unha música chamada Muiñeiras do Cuarto Baleiro ! Agardo que lles guste ! Unha aperta

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. http://www.youtube.com/watch?v=v8Mk8dgKpMw&feature=fvwrel

      Eliminar