sábado, 4 de diciembre de 2010

DESCONTROL






Para que logo digan que as cousas están controladas! Que llo pregunten ás persoas que onte quedaron en terra e perderon unha parte, seguro que importante, dos seus aforros, simplemente porque un colectivo de traballadores e traballadoras decidiu abandonar o seu posto sen tan sequera avisar. Porque entre a xente que onte viu frustrada a súa viaxe habería de todo, desde quen vive desafogadamente a quen vive co xusto. E penso eu que para reclamar os dereitos laborais non se pode xogar coa economía das familias, máxime cando eses traballadores e traballadoras reciben uns soldos que están moi por enriba dos da maioría da xente. E non digo que non deban cobrar en función da responsabilidade que leva implícita o seu traballo, pero si debían amosar máis responsabilidade á hora de reclamar os seus dereitos.

Pregunto que pasaría se de repente o colectivo médico ou docente, unha boa mañá saíse por pernas do posto de traballo e deixase hospitais e escolas baleiras, coas persoas enfermas abandonadas e as crianzas sen control polos corredores. Porque non se trata xa de facerlle dano a empresa, senón que a actitude das persoas que traballan no control aéreo escapa a calquera cousa xustificable.

Na actitude dos traballadores e traballadoras cando reclaman os seus dereitos reflíctese o seu prestixio como profesionais e desde logo, o posto de traballo de controladores e controladoras aéreas é de grande responsabilidade, pero co que acaban de facer amosan unha irresponsabilidade que raia no delito e agardo que alguén lles pida contas, pois ese descontrol non debía quedar impune.

E senón, que outros colectivos laborais lle paguen coa mesma moeda: cando precisen dalgún servizo, que lle dean coa porta no nariz. É sinxelo, simplemente terían que poñerse no lugar no que quedaron onte miles de persoas e aplicarse o conto. Igual non lles gustaba.

Concha L. F.

9 comentarios:

  1. É unha forma noxenta de loitar polos dereitos laborais. Saúdo

    ResponderEliminar
  2. Estiben a leer un Blog de unha controladora aerea e sinceramente daba noxo. Di que é unha escrava do goberno, di que traballa 200 horas ao mes. Conta fácil 22 días laborales..., e case insinua que é mil eurista. ¡Qué pais! Tiñan que despedilos a todos. Saudos

    ResponderEliminar
  3. Seguro que os controladores non fixeron o correcto, e é comprensible o enfado dos cidadáns, pero tamén é certo que debemos ser comprensivos e sinalar a outros culpables. O que pretenden os poderosos é que os traballadores machuquémonos uns a outros.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. Creo que neste caso dos controladores os unicos responsables son eles que tiveron, e ainda teñen, secuestrado a un pais. Agas das perdas dos que ían a viaxar, por turismo ou por visita familiar, nesta ponte e que estiveron aforrando todo o ano, hai que pensar nas perdas do comerzo, a industria hoteleira e todo o relacionado co turismo a máis do desprestixo do pais.
    Laboralmente son uns provilexiados que cobran ainda máis que os pilotos, que non teñen que facer carreria pois para ingresar chégalles o bachalerato e falar inglés e que además son un grupo endogámico pois eles mesmos forman o tribunal de ingreso para meter ás súas donas ou aos seus fillos.
    Pareceme ben a militarición, o despido e que se acollan ás consecueciencias.
    Una aperta

    ResponderEliminar
  5. fixeron algo imperdoable e espero que reciban o seu castigo merecido.

    bicos,

    ResponderEliminar

  6. · Fríamente. Un sector tan estratégico debiera estar militarizado permanente, mejor aún, en manos del ejército profesional. No debiera haber ningún posible resquicio a la posibilidad de someter a un chantaje a un gobierno democráticos, y menos aún tomar rehenes como si de terroristas se tratase.
    · Ahora, sólo nos queda esperar un castigo ejemplar. Muy ejemplar.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  7. Parece que van ter man dura con eles que boa falta lles fai, a ver se aprenden.E que pagen po tódolos gastos ocasionados.

    ResponderEliminar