jueves, 16 de diciembre de 2010

HAI COUSAS...


Hoxe levanteime preguiceira. E tarde, para o que é habitual. E dinme conta de que onte, antes de ir durmir, botei de menos a cervexa que alguén me tiña prometida hai tempo...



Pero en fin, hai cousas que non sempre saen tan dereitas como queremos. Ao fin, tamén lembrei que onte había un ano era o día anterior a unha boa nevada, desas que deixan marca no corazón. Hoxe non hai neve, pero a xeada arrepía os miolos. E conxela certas lembranzas, para que non esquezan.

14 comentarios:

  1. A mín prodúceme máis sensación de frío a xeada que a neve... e non me gusta que se me conxelen os recordos bos, gustaríame que fosen vívidos, olorosos; pero... non queda outra, alónxanse e viran grises e fríos.

    Chegará esa cervexiña...

    ResponderEliminar
  2. creo que esa "non cervexa" fíxote mágoa; desde logo púxote nostálxica.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Dixeron no telexornal de mediodía que hai que tomar unha cervexa todos os días, seica é boa para evitar infartos, polo tanto prometida ou non a tomar cervexa, pero con tino.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Onte era un día sinalado polo que vexo. Esas datas que un non esquece ainda que queira. Da igual o tempo que faga fora, os recordos quedan conxelados por sempre...na memoria.
    Moitas grazas Concha
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  5. Pon as lembranzas na cheminea, para que quezan e florezan (así deixan de doer e desfanse)

    ResponderEliminar
  6. Seguro que esa "non cervexa" se convertirá en "si cervexa", pensa en positivo. Por certo as lembranzas non se esquecen, simplemente podemos seleccionar o arquivo ou non.

    ResponderEliminar

  7. · Entre olvidos y recuerdos se viaja por la vida, por la nieve. Siempre hay que pisar en cálido.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  8. Os recordos sempre deixan a desazón da nostalxia.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  9. A cervexa era o que menos importaba, nese intre só era un sinal. Apertiñas

    ResponderEliminar
  10. Hai cousas que só ti sabes dicir...
    Biquiños.

    ResponderEliminar
  11. Onte nevaba na terra; forte e seguido. É navidade, non hai dúbida. navidade desas das postais de nenas. En vez de cervexa, tomaremos cava... mentres seguen a medrar recordos nos nosos ollos.
    Boas festas

    ResponderEliminar
  12. Hai veces que o sol debería quentar un pouco máis, que intentase derretir eses recordos, para que deixasen de existir; con todo, é inverno, o frío déixao todo tan seco que é imposible esquecer.

    Deséxoche bos días e noites, para hoxe, para os vindeiros, para todos, que o sexan.
    Un abrazo, un bico, Concha

    Ío

    ResponderEliminar
  13. Bo Nadal e Aninovo tamén para ti.
    Bicos

    ResponderEliminar
  14. Non sei si as lembranzas fan mal sempre. As veces convén que veñan e que, aproveitando xeadas ou nevadas, enfrialas e pechalas outra vez.
    Bicos de festa.

    ResponderEliminar