Rumbo a la nada
Un ano menos que nos queda por andar ruando pola vida,
coa vida ás costas.
Un ano máis que levamos, na memoria,
co que aprendemos, co que esquecemos.
Un ano menos que nos deu felicidade.
Un ano máis de harmónica unidade.
Un ano menos no que experimentamos novas sensacións,
doces coma os bicos e amargas coma as bágoas.
Un ano máis no que coñecemos novas almas,
novos corpos, novas peles.
Un ano menos...
Un ano máis...
Cheo de amor entregado e recibido.
Un ano menos que nos queda por vivir.
Un ano máis que xa vivimos.
Outro ano máis
para andar camiños.
Grandes verdades: un máis e un menos.
ResponderEliminarpois sí.
ResponderEliminardito en verso ou en prosa.
Outo ano máis para andar camiños. E un ano menos...
· Cada año más, es un año más sabio. Cada año menos incrementa el bagaje con el que iniciamos la nueva andadura.
· Ambos años son años vividos... pero hay años vacíos, el los que la existencia se pierde por las fisuras del tiempo.
· Una foto metafórica, del que no sabe lo que hay delante pero si recuerda lo que está detrás.
· Bicos
CR & LMA
________________________________
·
O tempo que inevitablemente pasa, apura, para ir deixándonos a sensación de non vivilo conscentes, a deriva moitas veces por decatarnos cando xa non se pode rescatar nin rescatarnos. Besiños de ano novo
ResponderEliminarNun ano pasan tantas cousas, que ás veces miramos atrás e xa non nos atopamos.
ResponderEliminarApertas
Un ano máis para engadir no lado positivo. Biquiños,
ResponderEliminarMais ou menos... boa pregunta, eu tendo a quedar sempre co positivo, o negativo é demasiado negativo para o meu gusto, saudos.
ResponderEliminarO tempo que nunca se para, ese que esvara entre os nosos dedos sin darnos conta. Temos que intentar disfrutala vida día día, ainda que ésta sempre vaia con presa.
ResponderEliminarEu quédome co bo, co positivo, mirando sempre hacia diante.
Un saúdo.
Un ano máis, para seguir sentindo, para seguir gozando de canto a vida ofrécenos.
ResponderEliminarOutro ano para sementar camiños con aromas de flores, con amor na pel e na alma.
Un menos para ser soño, ou recordo, nos soños doutro
Bo poema, Concha, gustoume moito¡¡¡
Un abrazo, bicos
Ío
"Para andar camiños" e nos camiños tamén, para coñeceren "novas almas" o que, as veces, e ben pracenteiro.
ResponderEliminarGustoume teu "Camiños".
Bicos.
Un ano mais para seguir lendo os teus fermosos versos.
ResponderEliminarBicos.