Cada mañá miraba con curiosidade o cancelo de madeira. Había tempo que estudaba a maneira de saltalo. Non era moi alto e, así a simple vista, parecíalle que mesmo se podía meter por entre os barrotes rotos.
Soñaba con acariñar o arume dos piñeiros, con acadar un anaquiño daquel azul que se espallaba máis alá da frouma, de gabear cos esquíos e cantar cos gorrións…
Pero un día deuse conta de que as súas mans apenas cabían nos buracos do arame.
Bó día, Concha!!
ResponderEliminarEs que así, no vale. Si yo escribiese tan bien como tú, lo haría aunque fuese por devoción :)))
Te felicito, te has apropiado hábilmente del vocabulario y lo haces bailar a tu antojo pero con mucha armonía.
biquiños
hostias desas marcan e fan cambiar a perspectiva de casi todo.
ResponderEliminargustoume este post.
Nunca sentira "frouma". :-)
Pois, sí: lástima non se ter decatado antes do aramio...Canto máis perto, menos se ve.
ResponderEliminar· Duas mans poden facer un buraco baixo o arame, poden cavar a terra. A libertade é unestado do alma. Non hai arames pra ela.
· bXs
CR & LMA
________________________________
·
Coas ás da imaxinación, sempre se poden superar atrancos e librarse dos arames por moi fortes que estes sexan.
ResponderEliminarBicos.
As arames nunca poderán recluír os soños.
ResponderEliminarBicos
Por acariñar o arume dos piñeiros, vale a pena voar.
ResponderEliminarDarse de conta, é decatarse de que non tes alas.
Os arames sempre acaban por mancar. Supoño que é o seu ser. Biquiños,
ResponderEliminarEu tamén querería saber chimpar sin facerme dano.
ResponderEliminarPero un arame non pecha as ás y con elas poido voar.
Bicos.
Sempre miro as cancelas todas. As que teño diante e as que brinquei. A malla metálica dos arames sírveme de vestido para non ter frío!
ResponderEliminarBicos dende a espesura dos piñeiros
Gústame saltar cancelas, os arames mancan pero hai que evitalos inda que as veces araan e deixa algunha que outra cicatriz, cousas que pasan can do un intenta salvar obstáculos.
ResponderEliminarSaúdos
Pois daquela gabear pola malla arriba, que máis dano fai a inercia!
ResponderEliminarSaúdos desde este lado dos arames
Uns voan e outros cavamos por debaixo.
ResponderEliminarSaúdos dun que roubou ovos de galiñas a través do arame.
Con mans, unllas e dentes haberia de esnaquizar ese vil arame ate alcanzar a liberdade soñada :)
ResponderEliminarBiquiños a moreas!!!
Non sei como o fas pero segues a sorprenderme post tras post. Por certo o peor dos arames é que algúns nin tan sequera sabemos que existen.
ResponderEliminar