miércoles, 2 de marzo de 2011

GRAZAS


Aura

Un día ocorréuseme escribir cousas, o mesmo que a meu irmán máis novo se lle ocorreu empezar a facer fotos. E velaí que descubrín que moitas das imaxes que Xulio López retiña nunha foto encaixaban con cousas que eu escribía. E velaí tamén que, logo de pedirlle permiso, empecei a colocar neste espazo fotos feitas por el, acompañadas polos meus textos. O resultado é o que hai aquí e o que vedes e ledes. Tamén é certo que non todas as fotos levan a súa sinatura, ou non fago referencia a súa autoría. Esas son das que ás veces saen da miña pequena cámara, unha desas que non teñen abelorios varios e que son sinxeliñas de usar, pois eses aparellos non son o meu.

Xulio López, ou mellor, Xulio Pazo  quere agradecervos a todas e a todos os vosos comentarios respecto das súas fotos e non se me ocorreu mellor maneira de facervos chegar o seu agradecemento ca este texto que agora ledes.


Todo un pracer compartir convosco imaxes e pensamentos, tanto da súa parte coma da miña.

9 comentarios:

  1. Unha fermosa asociación da que nace un mundo cheo de imaxes e palabras. Grazas aos dous por compartir imaxes e pensamentos.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  2. Felicitacións os dous, entre as túas fermosas palabras e as pinturas del, facedes un equipo fantástico. Biquiños

    ResponderEliminar

  3. · Poco que decir. He visto sus fotos y, aparte de magníficas son envidiables.
    La asociación simbiótica viene dando unos resultados excelentes, todos ganamos.

    · Bicos y apertas según corresponda.

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  4. Fas como eu ca miña filla. Grazas aos dous, vos non tedes que facelo.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  5. pois dille da miña parte que a agradecida son eu por poder disfrutar de esas imaxes... faltaría mais.

    biquiños e a seguir formando tan bó tándem.

    ResponderEliminar
  6. Estiven esculcando as súas fotografías e son todas magníficas¡¡
    Sempre é fermoso axuntar palabra e imaxe, ou palabra e melodía, ou as tres xuntas.
    O resultado satisfai case todos os sentidos.
    Grazas, Concha, as miñas felicitacións a ti e a Xulio
    Bicos para ambos

    Ío

    ResponderEliminar
  7. Sempre reparo nas fotografías. Ás veces non falo delas, porque pensaba que o autor non se enteraba
    :-)
    pero agora que o sei...
    Reitéroche os meus parabens polos blogues teus, este mailo outro; e fas ben escoller fotografías de teu irmán, son preciosas e por riba todo queda na familia [non coma min que poño fotos de estraños]

    ResponderEliminar
  8. Para min as fotos do blog son sempre importantes, máis neste caso, cando son dun autor tan próximo á autora dos textos, e así os complementan.
    Parabéns aos dous: sempre é un pracer entrar nesta gaiola.

    ResponderEliminar
  9. Que tal! espero que estés muy bien..
    después de algunos meses he regresado con un "Tornado"..
    te dejo un fuerte abrazo!

    ResponderEliminar