domingo, 10 de abril de 2011

GRAMPAS


grampa negra


 a realidade ten dúas caras: unha branca e outra negra.
 a cara branca é esa que asoma cada mañá cando nos erguemos e decidimos continuar coa tarefa de cada día,
a que se deixa ver cando un saúdo nos fai saír do inmenso baleiro no que nos sumimos de noite,
a que eliximos para amosar ledicia cando se nos esixe, porque se nos esixe ledicia para seguir andando,
ledicia e forza...

a cara negra é a que sae da cotidianeidade
a que se amosa oculta,
a que nas longas noites nos di que non podemos facer nada máis ca durmir,
a que nos empurra a un abismo de incertezas que soamente teñen fin cando nós acabemos de ser o que somos:
unha grampa negra entre miles de grampas brancas...

atopar cal queremos ser é unha tarefa moi dura
na que queimamos soños, esperanzas e forza,
forza e ledicia...
e cando miramos a relidade e vemos que sae do esquema, que se revolve e di "que fas aí?", sentimos a indefensión desa grampa negra
loitando contra si mesma no mundo das acomodadas, sincrónicas e perfectas grampas brancas que acumulan papeis de vidas grampadas con negras grampas brancas.

e logo non hai nada.
baleiro, todo baleiro...

soamente a grampa negra,
a que se desvía
a que se vai por un camiño que nin ela sabe a onde vai.

se eu fose unha grampa branca, gramparía todos os soños do universo ata conseguir facer de todos os soños un e camiñar máis alá do universo, un so soño...
e coa forza do papel faría un soño novo...

pero seica son grampa negra e o meu camiño vai do revés...

6 comentarios:

  1. Como ben dis ao principio, a realidade ten dúas caras e sendo así, unhas veces sairá a superficie a cara negra e outras a cara branca, pero non ten porque ser sempre negra e o camiño ir do revés, aínda que isto poida ocorrer ás veces, outras moitas vai ser branca e o camiño irá dereito cara a nosa meta.

    ResponderEliminar

  2. · Extraordinaria fotografía. Me encanta.
    Y si de grapas hablamos... las ovejas negras dan leche blanca, de la misma calidad que la de las demás ovejas.
    Ser oveja negra es un signo de distinción entre tanto borrego... aunque mejor sea tratar de ser tan libre como una cabra.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  3. quedo marabillada do pequeno motivo que serviu para unha grande foto!
    E como da foto naceu este texto tan íntimo, cheo de verdades...

    Dígoche coma Dilaida.

    Apertiña.

    ResponderEliminar
  4. ti non podes ser unha grampa negra todo o tempo nin querendo, tal vez paréceche que és así de cotío pero creo que erras.

    todos somos branco e negro, sal e zucre, lágrimas e ledicia... somos alternancia... de vez en cando !chas!, sae esa grampa negra que se atranca, que se desvía do camiño.... pero é algo natural co que hai que convivir.

    o importante é lograr un equilibrio.

    a foto é impresionante, moi orixinal... si non dís que son grampas creo que non podería adivinalo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. Unha grampa negra tamen é boa, el ying y el yang, todo é necesario anque non creo que precisamente ti, Concha, sexas unha grampa negra.

    ResponderEliminar
  6. E ¿onde deixas o Arco da Vella?.
    Eu tamen, a maioría das veces son unha grampa negra, pero cando son branca o son tan, tan ben...
    Biquiños

    ResponderEliminar