jueves, 28 de abril de 2011

QUEBRACABEZAS



Xa non lembro cando foi. Quizais antonte. Ou hai un mes… ou hai un ano. O caso é que, cando asomei á fiestra deste entorno, descubrinme de novo soa, coma sempre, sen máis compaña que este silencio interrompido polo teclear dos dedos.
E neste silencio descubrín tantas letras, tanta luz esmorecida en versos, tanto sentimento de autenticidade, tanta carreira por chegar a algures...!
Todo foi encaixando no lugar que corresponde e, ao mirar o van da fiestra, asomando a mirada máis alá da realidade, cada peza do quebracabezas vai estando no punto xusto, rematando esa figura que quere voar máis alá do horizonte de si mesma. Esa figura que, cunha soa peza desprende toda a luz do universo.

7 comentarios:

  1. Esa peza ha tardar en se poñer.
    Pero cando se poña, levará dado tanta luz que xa permanecerá, eternamente.

    Qué fermosura de imaxe.

    ResponderEliminar
  2. Fermosisima metáfora. Non reparaba eu neste xeito de ver iste enredado mundo de clics...

    Unha forte apertiña :)

    ResponderEliminar
  3. Poi sin lugar a dubida un bo quebracabezas eun non podería expesalo mellor.
    Saudos.

    ResponderEliminar
  4. Me gusta la primera parte, miras a tu alrededor y ves esa soledad, y esta misma es la que te da te da algo más...
    Al final al no comprender el idioma bien del todo, no termino de captar el conjunto del rompecabezas.

    Saludos desde El Bierzo

    ResponderEliminar

  5. · Al final, todas la piezas van encajando. Todo se resuelve y la luz ya no es necesaria.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  6. Esa ultima peza que dá sentido a todo.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. É verdade que tés luz, que desprendes calor humán, que és cercana e tenra... é verdade... pero dentro de ti sempre descubro un toque de melancolía, non sei si é só cousa das verbas que te habitan o é que de verdade esa melancolía é a túa compaña.

    biquiños.,
    aldabra

    ResponderEliminar