domingo, 29 de mayo de 2011

PICANDO O ANZOL

Satisfaction
"Todas e todos mordemos o anzol da autosatisfacción"

Si. Nalgún momento das nosas vidas, todas e todos mordemos ese anzol, esquecendo que quen se recrea no seu propio ego corre o risco de perder o verdadeiro sentido e significado das cousas.

O PP morde ese anzol ao ver España pintada de azul. O PSOE mórdeo á desesperada ao "atopar" quen leve as rendas das súas políticas ata o 2012, coa esperanza de conservar a cadeira. O BNG estáo a morder sentíndose chave para moitos concellos galegos, en aras do progresismo... E hai máis que campan fóra de Galiza.
Con eses vimbios cheos de anzois vaise conformando un panorama nada tranquilizador, agravado por esta crise feroz, creada polo poder financieiro.

Hai moita xente neste noso país que está cansa de picar e quedar presa por un gancho no espellismo dunha democracia ficticia que, entre outras moitas cousas, non lle dá cabida ás minorías. Menos mal que hai quen saia ás prazas e queda nelas para amosar o seu descontento, a risco de levar uns paus. Pregúntome se alguén estará escoitando eses berros dunha parte da nosa sociedade (a outra xa votou o que lle pareceu), cansa de corruptelas e enganos, de mentiras disfrazadas de democracia.


Por certo, eses anzois é mellor deixalos para as pescadas. E para os pescados, que non ven sendo o mesmo. 

7 comentarios:

  1. As pescadas (traducido merluzas, borracheiras) tamén son de votos e de vetos. Ningún dos dous espertou dela.
    Pobres de nos, que, coa resaca non entenden a realidade

    ResponderEliminar
  2. A moitos deles, os vimbios xa lles están moi dobrados e como se despinten un intre máis, van quedar sen anzol e sen vimbio. Claro que a culpa non a teñen eles, sempre é dos demais, para que van facer unha crítica interna, xa se atopan no estadio en que eles nunca cometen erros.
    E mentres a gaivota sobrevoa as nosas cabezas transformándose nunha ave rapaz e os que deberían ser pescados gañan por ampla maioría, e nós, se queremos comer pescada pagarémola cada día máis cara.

    ResponderEliminar
  3. unha crítica política acertada e moi ben contada...

    a cousa estache fea, Concha, moi fea... non sei en que vai acabar todo.

    hoxe entereime de esto:

    http://www.elcorreoweb.es/sevilla/123699/profesores/hispalense/quieren/disputar/rubalcaba/primarias?d=print

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  4. Concha,que boa entrada e que boa reflexión, dende logo unha boa crítica.
    Penso que ninguén "Partidos Políticos" vaise facer econ dos berros e demandas desta sociedade.
    eles o deles.
    Saudos.-

    ResponderEliminar
  5. Non mudou nada, nin con 15M nin sen el: estaban á espreita do que puidese pasar, pero agora volven ao mesmo.

    ResponderEliminar
  6. A situación política é tan absolutamente desmoralizadora, aberrante, insultante, que non merece a pena nin molestarse en escoitalos máis que nada por que xa nos chega con que nos desgobernen, coma pa que encima nos entoleen a cabeza con discursos cada vez máis patéticos e vacios de contido. Os partidos políticos non se enteran porque andan enrredados mirandose o embigo, teñen demasiada preocupación por perder o coche oficial, mentres o pobo perde as ganas de pagarllelo. Un saudo Concha, hoxe non me erguín moi optimísta, pera a situación non invita a estalo.

    ResponderEliminar

  7. · Vale. Ahora morderemos el anzuelo de la Santa Indignación. Estamos hartos y queremos cambiar las cosas ¿mantendremos el pulso? Somo los que damos trabajo a los políticos, algo cambiará en cuanto vean que sus puestos están en peligro.
    Mientras, vigilemos a los echadores de anzuelos.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar