jueves, 28 de julio de 2011

ESCOCIA - I





20/07/2011
É de noite. Todo está disposto, agás o pequeno detalle da documentación e a incerteza de saber se o aire nos levará con éxito ao destino sinalado. Unha longa viaxe conducida por unha alma que quedaba soa, sen os seus soportes, apenas por oito días. As maletas gardadas no maleteiro, as tarxetas de embarque a man, xunto cos DNIs…
Por diante unha viaxe sobre as nubes, outra sobre un camiño de ferro ata atopar ese sorriso amplo que borra as angustias. A carón, unha man silenciosa que conduce a alma por labirintos que falan nun idioma que non entendo.
Vaise facendo a mañá. Temos que mudar a hora do reloxo e pensar en comer algo. Pero non hai moedas e o caixeiro cuspe estraños billetes. Dannos o cambio e non identifico as moedas metálicas que caen no meu peto, terei que poñer as gafas para ver de cerca. A idade pasa facturas moi raras.
De pronto unha fría airexa nos invita a un cigarro mentres non aparece o murmurio lento do tren… Ao final do camiño alguén nos fai un sinal co paraugas e nos abraza coa lingua, cos brazos, coas mans…
E comezamos a andaina por unhas rúas cheas de casas negrexadas polos bafos de antigas chemineas de carbón, que invitan a “pintas” de cervexa e pratos cociñados con manteiga…

Ao fondo o Kelvingrove Museum, no que descansa o Cristo de Dalí.

6 comentarios:

  1. que teñades unha boa viaxe, boas emocións... que compartades moitos sorrisos e que voltes cheíña de cousas por escribir.

    biquiños desde lonxe.

    ResponderEliminar
  2. a de antes son eu, Aldabra.

    ResponderEliminar
  3. Eu imaxinábate xa de volta, e vín curiosear. Pero xa vexo que sigues por Escocia, nesta viaxe soñada con esa xentiña tan querida.

    Xa contarás

    ResponderEliminar
  4. Que teña unha boa viaxe e unha moi feliz estancia escocesa (e que logo nola conte, claro)

    ResponderEliminar
  5. Non esquezas probar un groliño dese brebaxe de druidas que en Escocia fan con malta e non ten nada que ver co que bebemos na Galiza, viva o whisky escoces. Disfruta tamen desa natureza inmensa que teñen. Saudos Concha.

    ResponderEliminar
  6. As nacións celtas sempre nos fan sentir a súa proximidade. Feliz estancia
    Un saúdo

    ResponderEliminar