viernes, 19 de agosto de 2011

ESCOCIA - III






A Roda de Falkirk é unha obra de enxeñería civil que se construíu para conectar Glasgow con Edimburgo e ven sendo un inmenso carrusel acuático, único no mundo. En 15 minutos consigue que embarcacións de 20 metros de eslora e 4 de manga salven un desnivel de 34,5 metros, aforrando 11 comportas e exclusas coma as do Canal de Panamá.

Como obra é moi enxeñosa e merece a pena vela funcionar, pero en certo sentido é un pouco inútil, xa que na actualidade soamente está destinada ao turismo. Iso si, o enclave é marabilloso, sobre todo nunha mañá de sol coma esta da fotografía.
Unha recomendación, se vos achegades por alí, aínda que sexa no verán, non esquezades a chaqueta...

7 comentarios:

  1. Sen dúbida debe ser algo interesante e curioso. Espero que disfrutaras moito nesa viaxe. Eu non coñezo Escocia, pero pola miña filla maior sei que é digna de coñecer.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. estaba eu vendo a foto e preguntándome que carallo sería iso...
    sempre pasmo coas obras de enxeñería

    ResponderEliminar
  3. As cousas enxeñosas, belas xa son útiles por se mesmas, polo pracer de observalas. Aínda que con frío, Escocia debe ser moi interesante,
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Estiven lendo sobre a Roda onte, despois de verlla aquí: estou sorprendido do simple que en realidade é o sistema, con eses caixóns que xiran en sentido contrario ao do eixo principal, alucinante!
    A ver se algún día dou chegado tan ao Norte para coñecer Escocia; está claro que irei a Falkirk!

    ResponderEliminar
  5. agora que a vexo no teu blog, lembro que a vín nalgunha presentación de power point.

    ogallá algún día poda vela... ¡gustaríame ver tantas cousas!

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  6. Estes Británicos é o que che teñen, cando lle dan aos miolos fan cousas ben interesantes. Claro que as veces non as pensan e dalles por invadir Irak.

    ResponderEliminar
  7. O primeiro golpe de vista me sugirio unha desas esculturas que desde fai un tempo abundan nas rotondas das estradas.
    Resulta que é o que é, un mecanismo para comunicar dous líquidos desnivelados.
    Moi curioso que agora tan só sirva para que os turitas tómenlle fotografías, e boas, como esta túa.
    Un pracer, Concha
    Abrazo para ti

    Ío

    ResponderEliminar