miércoles, 31 de agosto de 2011

ESCOCIA IV


Escocia é un país de castelos. Para visitalos con calma, a mellor recomendación é alugar un coche por dous ou tres días e adquirir un pase especial, ou levar o peto preparado, pois hai que pagar para entrar neles. Aínda que non se entre, merece a pena achegarse, pois están ubicados en lugares nos que a fermosura da paisaxe xa é una obra de arte en si mesma.

Stirling é un deles. O seu entorno  conserva ese sabor medieval dunha cidade construída entorno ao seu Castelo. As súas rúas son estreitas e mirando as fachadas das casas podémonos transportar a épocas pasadas nas que as loitas pola posesión do territorio eran o pan de cada día.
No cume dunha colina está ubicado o Castelo. É un recinto fortificado de fácil defensa e desde o que se pode contemplar una fermosa panorámica da cidade e do monumento a William Wallace. Merece a pena visitalo con calma e con guía, tanto a cidade coma o Castelo para facerse una idea da historia de Escocia, dos costumes e da súa historia da arte.

9 comentarios:


  1. · Regresando... poco a poco... me delito con tu reportaje del viaje a Escocia. Sana envidia ¡yo quiero ir!

    · BQÑS

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  2. No le veo el delito a tu escrito (es broma, entendí deleito (de cama)).
    Irlanda y nosotros...tu ya recuerdas "como en Irlanda, como en Irlanda"...

    ResponderEliminar
  3. (No sé por qué, pero siempre la hago saltar a la otra isla ¿será porque Irlanda tiene rima asonante con falda)

    ResponderEliminar
  4. Pois si que deben ser uns lugares ben fermosos. O que non entendo é por que levan saias co frío que vai, non fagas caso, é broma.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Un bo destino para unhas vacacións sen dúbida. Tomo nota das túas recomendacións!

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. dende o quentiño da casa nesta noite de finais de verán, mergullada nas miñas sensacións, que lonxe e irreais parecen os castelos de escocia...!

    ResponderEliminar
  8. ese castelo abofé que ten unha pinta estupenda... estiven curioseando nos enlaces, graciñas por deixalos.

    a Escocia téñolle gañas pero xa te dixen que non era moi viaxeira, eso e que tampouco axuda moito o salario de funcionario, ¿non che parece?

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar