miércoles, 7 de septiembre de 2011

ESCOCIA V

Saint Andrews ten moito que ver. Para sentirse ben, abonda con pasear polas súas rúas.


Pero ten cousas que impresionan pola beleza das pedras que aínda se conservan, pola simetría de muros que xa non existen. No seu tempo, a catedral e todo o seu recinto debeu ser algo impresionante.
Este edificio, situado de cara ao Mar do Norte foi embestido por treboadas que provocaron varios derrubes. Pero o que acabou por aniquilar parte da súa estrutura foron as loitas habidas no século XVI, como consecuencia da reforma relixiosa, o mesmo ca o seu castelo, do que se conservan apenas os muros e uns pasadizos.
Hoxe en día é unha cidade moi fermosa, vida a menos, pero que se precia de ser o berce do golf e de posuír unha das universidades de elite do Reino Unido, a máis antiga de Escocia, na que estudaron algunhas persoas mebros da actual familia real inglesa.


7 comentarios:

  1. chámame a atención a cor da pedra.

    e as ruínas tamén impresionan. Dun xeito distinto que ver as edificacións en todo o seu esplendor, pero tamén fascinan.

    ResponderEliminar
  2. tén que ser unha visita moi agradable...
    acariñar todas esas pedras con tanto que contar...

    biquiños,
    Aldabra

    P.d.: Escocia é un deses lugares que me gustaría visitar pero xa che dixen que non era moi viaxeira.

    ResponderEliminar
  3. A ver se agora isto me deixa dicirlle que hai en Ithaca un premio esperando que vde o recolla. Non se considere obrigada a respostar o meme nin a reenvialo se non quere, pero creo que é un recoñecemento ao interese do seu blog e ao labor de mantelo vivo e actualizado.
    Canto ás fotos: non sei se impresiona máis a ruína ou imaxinar o que debeu ser a catedral completa. É sobrecolledor.

    ResponderEliminar
  4. Canta fermosura queda por visitar neste mundo !.
    Haberá que vivir outra vez !.

    ResponderEliminar

  5. · Viajo de tu mano. Sigue mostrándonos las imágenes de una Escocia que, ahora mismo me queda lejos.

    · BQÑS

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  6. Hola aquí estoy aterrizando poco a poco después de las vacaciones, aunque de vez en cuando entraba en tu blog para ver tus entradas.
    Como siempre un excelente trabajo,
    Saludos.-

    ResponderEliminar