jueves, 15 de septiembre de 2011

ESCOCIA VI



A viaxe por estrada desde Glasgow ás Highlands escocesas lévanos a través dunhas paisaxes difíciles de describir e de fotografar. O primeiro que atopamos é Loch Lomond, un enorme espazo acuático ao que se achegan as fins de semana as xentes das cidades próximas para gozar da natureza.
Se continuamos viaxe cara ao noroeste, adentrámonos nun mundo de silencio que case se pode cortar. Glencoe Valley fainos enmudecer pois a terra alí fala por si soa. É a porta de entrada ás Terras Altas de Escocia.


Se continuamos pola estrada A82 bordearemos o fermoso Loch Linnhe, zarrapicado de velas que contrastan co azul das augas e co verde dos montes, no que desemboca Loch Eil.


Seguindo a ruta cara ao norte, entre Fort William e Fort Augustus atopamos Loch Lochy, un pequeno remanso no que descansar antes de continuar viaxe a Inverness.



7 comentarios:

  1. parecen unhas terras moi solitarias e impresionantes.

    ResponderEliminar
  2. Un país que sempre me chamou a antención, creo que tanto eles como os irlandeses, son moi parecidos a nos, costumbres, creencias, paisaxes..levamos sangre Celta.
    Fermosas fotos
    Saludos.

    ResponderEliminar
  3. Teño moitas ganas de ir, escoitar a túa viaxe faime máis ganas, haber se é posible estas navidades ou semana santa. Grazas. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  4. Aquí na Galiza temos unha natureza privilexiada e con todo é coma se non fósemos conscientes do noso propio entorno, ao contrario doutros países como Escocia, Dinamarca, Noruega etc. Onde a maioría dos cidadáns saen a miúdo a gozar da natureza. En países como Noruega, Dinamarca e Suecia os estudantes abandonan o aula un día á semana aínda que neve, chova ou trone e dan a clase en plena natureza, nos seus bosques, ríos etc.

    ResponderEliminar
  5. bonita paixase, desde logo que sí.
    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar

  6. · Aquí me tienes... por Escocia y sin pasaje...

    · BQÑS

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  7. Xa tiña pensado ir por alá, pero agora, co que contas e con estas fotos estou totalmente convencida de que me gustará.

    ResponderEliminar