lunes, 26 de septiembre de 2011

ESCOCIA VIII

Xa acabou o verán e case non me din conta. Con el foise o tempo de lecer, de soños e proxectos, do medo a unha viaxe que resultou ser toda unha experiencia de luz e imaxes, lonxe do recanto no que se moven os meus pensamentos. Non puiden ter canda min mellores compañeiros, que viñeron ser coma os lazariños máis agarimosos que calquera poida imaxinar. Mágoa que faltase un para completar o cuarteto, pero hai cousas que son inevitables!

Se algunha vez ides a Escocia, buscade o xeito de ver estes fermosos animais. Son as vacas das Highlands, unha especie autóctona, mansa, forte e recia, de patas curtas, robusto e peludo corpo e longo floco que oculta a súa doce mirada. Unhas imaxes e unha presenza que invita a saltar o valado e acariñalas, a pesar de ter unha cornamenta que case mete medo.
Estes animais póndense ver pastando ciebes nas Terras Altas, pero se non conseguides velas por alá, sempre se pode visitar Pollock Park, a poucos minutos en tren desde Glasgow. De paso podedes gozar da Burrell Collection, que ten moitas obras de arte ben fermosas.

E non podo deixar de nomear Edimburgo. Sería moi necia se o fixese. É unha cidade que namora. Quedaría alí se non me tirase tanto a Terra. É un terreo "rompepernas", non apto para quen padeza artrite ou calquera doenza que lle impida subir e baixar escaleiras e pendentes. O encanto do seu castelo reside no enclave no que está situado e na súa historia, ademais dos tesouros que garda. Alí consévanse a Xoias da Coroa escocesa, a saber, a Coroa, a Espada e a Pedra do Destino. Por outra parte, dá gusto sentar nun dos moitos bancos que hai no recinto, logo de pasear entre a Old Town e a New Town, a través dos moitos canexóns escuros que se estenden ao longo da Royal Mile. Por certo, nalgunha das rúas da New Town, non lembro cal, sirven uns mexillóns escoceses saborosísimos!





Quedoume moito que ver nestas terras. Aberdeen, por exemplo. Pero rematou o verán e outra vez será...

11 comentarios:

  1. Ves como dicía eu, que somos países semellantes, si ata teñen marelas coma nos.
    Saudos.-

    ResponderEliminar
  2. Iso de que case meten medo, pareceracho a ti Concha. A min, directamente danme medo, vamos que mas atopo pola rúa e rompo records a correr. Jejeje. Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Pois cando volvas fai oco nas maletas para min.
    Cando vivín en Londres comía caramuxos escoceses e aínda hoxe non lles topo rival.

    ResponderEliminar
  4. Unha pena que non puidésedes gozar completamente a viaxe pola falta desa persoa querida.
    Seguramente fose mellor aínda, compartindo os momentos e a paisaxe das preciosas Terras Altas, coas brumas e os seus fríos.
    Preciosas as fotografías das vacas, pero a túa éo aínda máis.
    Gústame moito lerche, Concha
    Grazas polas túas palabras no meu recuncho
    Un pracer
    Bicos

    Ío

    ResponderEliminar
  5. Tiven unha longa ausencia, agora intentarei ser un pouquiño máis fiel.
    Son unhas fotos moi fermosas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. estou segurísima de que Escocia me encantaría... sempre que penso nunha viaxe de ensoño penso en Escocia... gustaríanme esas vaquiñas peludas e o Lago Ness, sin monstruo, por suposto.

    faime gracia que nomeas o teu medo á viaxe... mal de moitos, xa sabes, a mín tamén me acompaña sempre o medo pero logo disfruto moito.

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  7. perdoa, pero as vacas esas meten un medo quenindiola,
    e o que contas moita envexa! ler que quedarias vivir aló!!!!
    pero o que máis envexa dá e o dos lazariños que te acompañaron.

    :-)

    Biquiños,Concha.

    ResponderEliminar
  8. Que lembranzas das terras de Escocia! Estivemos hai un par de anos e cativáronnos os seus castelos, os seus lagos, os seus verdes... Tamén recordo o medo que pasamos nunha excursión á illa de Staffa, na que non puidemos desembarcar por mor do temporal que ía no mar (e nós nun barco pequecho que non era nada no medio daquelas ondas e que eu xa imaxinaba afundido para sempre nas frías augas escocesas)! :)

    ResponderEliminar
  9. Precioso!
    Envexa. Unha das viaxes sempre desexadas. Cando crezan un pouco máis os nenos...

    ResponderEliminar

  10. · Seguiré viajando... de tu mano.
    Y ya sabes, s320 por s800

    · BQÑS

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  11. Bos días amicus:
    Pues a mí me recuerdan a los UROS supuestamente desaparecidos.
    Breves saludos.
    Deica logo amicus.

    ResponderEliminar