sábado, 3 de septiembre de 2011

MARÉS...


Louro

Xa empezou outro setembro. Xa é día 3.

Este verán foi bastante raro. Moi incerto.

A pouco que busquei na miña gaiola, atopei na caixa das sensacións unha que me transportou ao silencio da area, ás mañanciñas frescas á beira do mar, sen más compaña ca a das gaivotas, a de dúas crianzas facendo castelos e desafiando, coa súa inocencia, ás ondas que van e veñen, a do son compasado da auga que pasea sen descanso, a das pegadas efémeras que se borran coas marés...

E nese instante lembrei unha mañá deste recente e estraño verán. Acababa de chegar de mercar un par de cousas no supermercado. As rúas de Ourense estaban cheas de xente, logo de varios días de calor asfixiante e de asfalto baleiro. O ceo estaba nubento e corría unha airexa suave e fresquiña que me trouxo á memoria aqueles tempos nos que consumía horas e horas paseando polas rúas e praias de Porto do Son, Muros e Noia, en días grises, mentres os meus nenos xogaban coa area, preto da auga, ou pedían sen descanso un cómic de Songoku, unha gominola, percebes, empanada de berberechos e pan de millo, ou un xeado (son de bo dente). E ata táboas forradas con tea, pinceis, acuarelas e óleos para reter imaxes. Era a súa maneira de inmortalizar o seu presente...

Agora son grandes. Xogan noutras praias, constrúen outros castelos con outras areas e pintan os cadros da súa vida con outros óleos e acuarelas sobre outras táboas forradas con outras teas...

A airexa fresca daquela mañá deste verán recente, incerto e estraño lembroume que o presente é un paso efémero, que todo está condicionado polo ir e vir eterno das marés...

8 comentarios:

  1. Hay, a lembranza(se dice así), seguramente tambien tu tienes hoy otros otros sueños.

    ¿Fermosos? sueños.

    Saludos desde El Bierzo

    ResponderEliminar
  2. Por moito que pinten en teas diferentes e con pinturas diferentes, algo lles quedou de cando pintaban con vde. Iso quero eu pensar para min.

    ResponderEliminar
  3. Como adoita dicirse é lei de vida. Todo vai cambiando na nosa vida, evoluciona como unha carreira de relevos onde pasamos o testigo do instante co temor de que caia sobre o tartán e só nos quede a nostalxia do tempo xa ido.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. que ben che podo seguir o fío, Concha!

    ResponderEliminar
  5. fíxome gracia o de que tanto pedían gominolas como percebes, tés razón que eran de bo dente.

    e inevitable que voltemos a ollada cara o pasado e fagamos comparanzas... tamén que pensemos no futuro... así que tés tamén razón en comparar as nosas vidas cas marés...

    encántame a palabra maré... e moi fermosa.

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  6. Ay! o Louro... esa lagoa tan fermosa :)

    Ai andamos todos Concha un chisco amorriñados vendo como cada vez queren (e saben a maior parte das veces)facer os castelos eles soiños...

    Biquiños!!!

    ResponderEliminar

  7. · Pues sí. Los mares son un eterno reloj en el que el segundero es siempre impreciso, irregular, aleatorio... como los segundo que rigen nuestras vidas.

    · +Bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  8. Así é, o tempo chega, póusase na area e vaise, como a marea.
    Outras ondas veñen, outras horas que non son nin serán nunca as mesmas.
    Crecemos cos recordos pegados ás costas; dámonos a volta e recordamos...

    A fotografía de Xulio é preciosa, encántame.
    Sempre un pracer, Concha
    Saúdos, un abrazo

    Ío

    ResponderEliminar