miércoles, 12 de octubre de 2011

12 DE OUTUBRO

Hoxe é 12 de outubro. A señora Concha cumpre 81 anos de ledicias e mágoas. Sobre todo mágoas. Pero é unha muller forte, triste e feliz, que chora e ri coa presenza da vida.

É a miña nai!



Era unha linda moza! A que si?

Aínda é fermosa, coas enrugas e pegadas do tempo. Hoxé é unha adorable avoa, apoiada nun caxato que leva escritos os nomes de seu pai Antonio, de súa nai Benita, de seu marido Luís, de seu fillo José Luís, de seu irmán Cándido e da esposa deste, Sara, da súa tía Luscinda, da súa curmá Lola... E de tantas e tantas persoas que foron construíndo o seu mundo.

Hoxe, como nunca, vina chea de vitalidade, doente de todo, pero leda por nada, porque foi capaz de dar acubillo, unha vez máis, á súa familia. Á máis vella, a que lle queda, súa irmá Mari, e á máis nova, as nenas Arera e Sara que enchérona de ledicia.

Pero sei que o mellor agasallo foi a presenza no xantar dun dos seus fillos, xunto coa súa dona e as crianzas, a quen cría perdidos.

O tempo non pasa de balde. Ela sempre o di. Dicíao o papá... 
Pero é tan bonito ver como unha persoa sigue cumprindo coa vida, a pesar de todo! 

7 comentarios:


  1. · Un hermoso homenaje, bien merecido. Llegar hasta ahí, con la familia reunida alrededor, es el mejor regalo a una vida en la que cupo de todo.

    · BQÑS, hoy para dos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  2. Fermoso o recordatorio.
    E moi bo que a vida permita a un chegar a certas idades xunto cos máis achegados; dende logo que e o mellor agasallo.
    Saudos.-

    ResponderEliminar
  3. Fermosa homenaxe para unha fermosa muller. Parabéns polos seus 81 ano.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. É bela a túa nai, aínda o é, porque ti e todos os que a rodeais sentídela así.
    Seguro que lográsteis coa vosa compañía que o día fose precioso para ela, que estivese contenta véndovos ao seu ao redor, ata os perdidos.
    Un bico e felicidades (cun pouco de atraso) para ela do meu parte; a ti un abrazo por compartir tan fermoso instante
    Un verdadeiro pracer, Concha

    Ío

    ResponderEliminar
  5. é fácil desexarlle felicidade, pero creo que me presta máis felicitarte a tí... poder disfrutar da súa compañía, da ilusión de un día como este...

    parabéns para as dúas!

    nos ollos parecésvos moito!

    ResponderEliminar
  6. dígoche como Zeltia, que os parabéns son para as dúas... 81 anos son un lote de anos pero vese que a túa nai é ben querida e ben cuidada, ogallá que vos dure moito moito tempo.

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  7. devólvelle á vida todo o que cada día recolle dela. Os vosos sorrisos, o voso agarimo, as vosas palabras, os vosos bicos... Todo iso que primeiro aprendestes dela sabendo que o xogo máis lindo era ir tomando e dando arredor do corazón que creou o xogo.
    un bico moi grande para ambas, aínda que con algo de retraso ;))

    ResponderEliminar