lunes, 30 de diciembre de 2013

QUE HAXA PAZ...

Lagoa de Maspalomas
Gran Canaria

E xa que imos comezar un novo ano, quizais fose mellor deixarse dunha vez de parafernalias e amosar a face descuberta, non como fan quen pensan estar en posesión da verdade absoluta. Porque quen así pensa, mira o mundo desde o cume da súa arrogancia e cuspe o veleno que leva dentro coa única intención de non morrer con el, se morde a súa propia lingua. Claro que, para que esa xente sobreviva, ten que haber ao seu carón quen teña a lingua destrozada e o fígado podre por tragar a pezoña que lle cuspen…
 
Barranco de Guayadeque
Gran Canaria
 
Ata que un día estoupe todo e o cinismo, a hipocrisía e o veleno zarrapiquen a quen se dedican a repartilo. Pero iso é ben difícil que pase, xa que as linguas pezoñentas saben ben que as inofensivas, precisamente pola paz que posúen  en si mesmas, nunca lle devolverán o esgarro. Ou si. Quen sabe?
 
Pois iso.

Que haxa paz.

8 comentarios:


  1. Faría falta algunha vez devolvelo todo, facer do inofensivo, e por un instante, unha lingua capaz de morder á outra que xa a ha mordeu antes.
    Pero non me sento capaz, nin o penso sequera.
    Alá cada cal coas súas verdades arrogantes e absolutas, a cada porco sempre lle chega o seu San Martín, iso espero, e que haxa Paz, Concha, intentemos sobrevivir malia eles, e de todo.

    Gustáronme moito as fotos de Gran Canaria, moi belas¡
    Felicidades, moitas, que o novo ano traia todo o que mereces e/ou soñas.
    E iso, que haxa Paz.
    Bicos de cores.

    m.

    ResponderEliminar
  2. Qué razón tes no que eiquí dis Concha, pro o mundo estache así e xa vai difícil de trocar.
    Moitas grazas, por acordarte de min nestas datas e pasar polo meu recuncho deixándome o teu agarimo.

    Feliz Aninovo pra ti tamén e unha man chea de bicos.

    ResponderEliminar
  3. Que haxa paz..nos corazóns, nas datas, nos adentros, na diaria e calada forma na que resistimos. Bon desexo. Grazas poló teu recordó e que teñas un bon ano. Besiños

    ResponderEliminar
  4. Paz y todas esas cosas tan necesarias que poco a poco estamos perdiendo.
    feliz 2014 Concha

    Bicos i abraçades

    ResponderEliminar
  5. Paz e feliz aninovo para ti tamén.

    ResponderEliminar
  6. Ou si, Concha, ou si.
    Bo Aninovo, Meniña, e que haxa paz.

    ResponderEliminar
  7. Ou gherra! Figuradamente falando, entendámonos... :)
    Bo 2014 e seguintes!
    Unha aperta.
    Setesoles

    ResponderEliminar

  8. Mi anterior comentario no está. Algo habré hecho mal.
    Bueno... bonita isla, ideal para pasar unos días y aprovechar, como tú has hecho.

    · BQñSMTS

    · CR · & · LMA ·


    ResponderEliminar