sábado, 28 de febrero de 2015

NEGRA SOMBRA


Navegando por los confines

E así foi como a sombra foi tornando en luz. Buscando cores. Buscando a natureza comprimida nunha escala de grises...

LIMÓN SALGADO


Sábeme a sal e a limón agre a túa Negra Sombra fuxidía,
cando esvaece a tarde e te agochas tras a lúa minguante.

Sábeme a sal e a limón agre,
gran a gran,
gota a gota,
que pousan no seco verán que xa está lonxe.

Sábeme a sal e a limón agre...
E esperta o teu zume o meu padal atoldado polas nubes que se achegan.

Van murchando os asubíos,
lentamente,
mentres rebule tímido o sol das frías mañanciñas.

Descalza,
a miña sombra tamén fuxe tras o sal e o limón agre da túa Negra Sombra,
buscando tempo e sombra,
follas verdes,
fontes,
camiños,
regatos,
campás e  cantares,
futuros e ledicias.

Busco en ti
as túas cores,
cores que me saquen do fastío doutro outono arrolado pola monotonía destas cordas que se bambean no baleiro.

Busco en ti
as túas cores,
Rosalía.

Grazas, ñOCO.

2 comentarios:



  1. Alguien debiera avisarme cuando publicas cosas como ésta. Creo que tu misma y así podría decirte que me encantan las palabras que pones a mis fotos. Yo no sabría hacerlo mejor.
    Gracias una vez más.

    · BQñSMTS

    · CR · & · LMA ·

    ResponderEliminar
  2. como te dice ñOCO unas bellas palabras a una buena imagen.

    Abraçades

    ResponderEliminar