viernes, 8 de febrero de 2019

ATRÁS E ADIANTE


"Valado con neve"


Hai uns días, perdida polas rúas, deume por pensar no que foi sendo este meu camiño, máis que nada por ver se había algo que rectificar, aínda que, sendo sincera e a estas alturas, creo que non vou mover nadiña nin creo que me dea tempo. Xa me cansei de ir para atrás e para adiante. Agora escribo. Agora borro. Agora ando. Agora desando. Agora falo. Agora calo. Agora encabúxome. Agora reláxome. Agora consinto. Agora esixo. Agora sirvo. Agora…
Agora vou ver a onde me leva este valado con neve que non sei moi ben onde remata…


Concha L.F-2019

2 comentarios:


  1. ·.
    Agora... es más que nunca tiempo de no tener rumbo. Todas las direcciones son posibles y todas las coerciones pueden ser ineficaces.
    Agora... camiña.
    BQÑS


    LMA · & · CR

    ResponderEliminar
  2. Deixate levar pola vida...De todos os xeitos non serve de moito intentar controlala.

    Apertas

    ResponderEliminar