miércoles, 25 de septiembre de 2013

REMATANDO SETEMBRO


 Misca e Rabuda
Nai e filla...


Sempre pensei que nunca  ía dar atopado ese lugar no que quedar definitivamente, no que o tempo transcorre lentamente, pero sen deterse... Ese sitio no que as cousas amosan a verdadeira cara que teñen, sen disfraces, sen sorrisos ficticios... Ese recanto no que se pode escoitar o silencio, arrolado polos sons case imperceptibles do camiñar dos días.

Xa remata  setembro e, a verdade, logo de estar case tres meses illada do mundo, creo que atopei o que buscaba. Mágoa ter que voltar de novo ás rutinas de sempre, de sempre que chega setembro. Supoño que botarei moito de menos ese universo paralelo, pois canto máis tempo pasa, máis me afogan as paredes da gaiola. Debe ser por iso polo que demorei o regreso a ela. Ademais, trouxen comigo unha nova colección de canas, dúas enrugas máis, unha fermosa planta de interior e 53 tacos deses que non se poden romper. O das canas e as enrugas non me importa demasiado. Os tacos tampouco... Preocúpame a planta. Igual a boto a perder...

 

miércoles, 17 de julio de 2013

martes, 2 de julio de 2013

MARCHO PARA A HORTA!

Creo que vou coller unhas vacacións, así que... Pasádeo ben. Déixovos esta xoia, xentileza dun amigo. Seica ando por aí, na fila de atrás á esquerda, aínda que como son pequena...

sábado, 15 de junio de 2013

ALQUIMIAS


Nunca fun supersticiosa. Gústanme os gatos e as gatas negras, ando descalza a diario e prefiro pasar por baixo das escaleiras ca subirme a elas. Non obsatante, isto tenme traído algún disgusto que outro. Aínda teño na testa o sinal daquel anaco de tubo de chumbo que, logo dunha liorta co meu irmán, me caeu nela por “accidente” cando pasaba por baixo da escada de madeira do papá. As liortas entre irmáns e irmás, quen as entende? Os pais, as nais e tías solteiras.

As tías solteiras… E máis se, ademais de solteiras, son madriñas. Con elas, nas vidas, prodúcense os miragres. Quen non ten unha tía solteira non saberá nunca o que é a alquimia. Teñen unha capacidade tan grande para querer ás crianzas que non son súas que sae de calquera parámetro.

Sen ir máis lonxe. A tía Mari. Soamente meu pai, seu cuñado, lle chamaba Maruxa. E soamente ás veces, porque ela sempre se encabuxaba se non diciamos o seu nome completo: Mª del Carmen. Así, en castelán. Mal que lle pese, para nós, os seus sobriños e sobriñas, é a TÍA MARI!

E que grande fortuna é ter unha tía Mari na vida…! Coa tía Mari o anaco de tubo de chumbo convértese en ouro. Non é diso do que falan as alquimias? Porque, pregunto, haberá neste mundo algo tan grande coma o amor que as tías Mari verten nas fillas e fillos dos seus irmáns e irmás?
Neste momento duro para min rendo a miña homenaxe as todas as tías Mari que hai polo mundo. En especial á miña madriña. É a miña tía MARI.

P. D.: Se sabe que fixen isto exérdame pero, sabedes que? Tanto me ten. A herdanza que tiña que deixarme xa a teño. O seu amor é moi grande. O resto… Para quen o queira!

jueves, 13 de junio de 2013

VENTOS E LETRAS ROUBADAS

Vientos robados

ñOCO

Coplas por la muerte de su padre
Jorge Manrique

Recuerde el alma dormida,
avive el seso y despierte
contemplando
cómo se pasa la vida,
cómo se viene la muerte
tan callando,
cuán presto se va el placer,
cómo, después de acordado,
da dolor;
cómo, a nuestro parecer,
cualquiera tiempo pasado
fue mejor.

  Pues si vemos lo presente
cómo en un punto se es ido
y acabado,
si juzgamos sabiamente,
daremos lo no venido
por pasado.
No se engañe nadie, no,
pensando que ha de durar
lo que espera,
más que duró lo que vio
porque todo ha de pasar
por tal manera.

  Nuestras vidas son los ríos
que van a dar en la mar,
que es el morir;
allí van los señoríos
derechos a se acabar
y consumir;
allí los ríos caudales,
allí los otros medianos
y más chicos,
y llegados, son iguales
los que viven por sus manos
y los ricos.
...
 
Este mundo es el camino
para el otro, que es morada
sin pesar;
mas cumple tener buen tino
para andar esta jornada
sin errar.
Partimos cuando nacemos,
andamos mientras vivimos,
y llegamos
al tiempo que fenecemos;
así que cuando morimos
descansamos.

  Este mundo bueno fue
si bien usáramos de él
como debemos,
porque, según nuestra fe,
es para ganar aquél
que atendemos.
Aun aquel hijo de Dios,
para subirnos al cielo
descendió
a nacer acá entre nos,
y a vivir en este suelo
do murió.
...
 
  No se os haga tan amarga
la batalla temerosa
que esperáis,
pues otra vida más larga
de la fama glorïosa
acá dejáis,
(aunque esta vida de honor
tampoco no es eternal
ni verdadera);
mas, con todo, es muy mejor
que la otra temporal
perecedera.

  El vivir que es perdurable
no se gana con estados
mundanales,
ni con vida deleitable
en que moran los pecados
infernales;
mas los buenos religiosos
gánanlo con oraciones
y con lloros;
los caballeros famosos,
con trabajos y aflicciones
contra moros.
...
 
Así, con tal entender,
todos sentidos humanos
conservados,
cercado de su mujer
y de sus hijos y hermanos
y criados,
dio el alma a quien se la dio
(en cual la dio en el cielo
en su gloria),
que aunque la vida perdió
dejónos harto consuelo
su memoria.

martes, 11 de junio de 2013

REPOUSA O SILENCIO



Alí quedou, prendado do verde mururio do vento,
 o silencio.
 
Ora vai, ora ven, bambeándose nun berce de sol,
caladiño,
o silencio.

Atrás deixou as augas e as neves
que baixan polas escorrentías.

Descansa arrolado polo compasado son das flores e das herbas.

Alí quedou,
quieto,
o silencio,

viernes, 24 de mayo de 2013

BILLETE DE IDA...

El rincón olvidado

Has vuelto, pequeña. Esta vez creí que jamás volverías. Me pregunto dónde has estado durante este tiempo. Quizás no debería preguntar, pero la curiosidad me vence. Ahora que veo tu maleta a medio deshacer y los billetes esparcidos por el suelo, me pregunto hasta dónde pretendías llegar sin el calor de tu ventana.

Sé que te gusta gastar suela, pero siempre te has dejado llevar por ese extraño y erróneo concepto que tienes de la “imprescindibilidad”. Vale. Acabo de inventarme una palabra, pero es que me cuesta definir ese afán que tienes por tenerlo todo controlado y me hago otra pregunta, ¿de dónde lo has sacado? Como ves, todo funciona en tu ausencia. Tal vez no como tú crees que todo debería funcionar, pero funciona. Cuando vuelves te escudas detrás de esa persiana a medio cerrar. O a medio abrir. ¿Cómo lo consideras tú? Porque, pequeña, ese hueco siempre está iluminado, aunque a veces no quieras ver la luz que por él se cuela, como tampoco quieres ver la luz que desde él se proyecta hacia el infinito.

Sé que escuchas cada día y cada noche el sonido de la ventana, aunque estés lejos. Sé que siempre hay alguien que, en tu ausencia, pinta el dolor de colores y sonrisas. También sé que ese alguien pinta tus alegrías de grises a tu regreso y te da cuentas de las luces y sombras que fueron circulando mientras paseabas tus historias inventadas por andenes sin número.

Ayer, cuando oí las ruedecillas de tu maleta sobre esta madera desgastada, creí que volvías para quedarte. No estoy segura. La silla de la esquina vuelve a estar vacía aunque hayas vuelto. Has vuelto, pero creo que será sólo un momento, ¿verdad? Sí. Será sólo un momento. El tiempo suficiente para deshacer tu memoria y quemar los papeles que guardan tus secretos. Y tus desvelos también. ¿Por qué no admitirlo? Porque, en el fondo, te desvelas por todo y por nada.

Bien, pequeña. Te dejo esta carta al lado de la maleta. Antes de que vuelvas salir por esa puerta, arrastrando tu maleta llena con las luces y sombras de la ventana, déjame que te dé un beso de despedida. Tal vez sea el último, porque esta vez he visto tu billete de tren. Es un billete de ida…

jueves, 23 de mayo de 2013

miércoles, 22 de mayo de 2013

ELOS SOBRE LENZO

Grazas Esmeralda

Vixio a luz que se cola pola fiestra do poñente.
É feble.
A tarde está nubenta e o vento arrastra a frialdade da serra.

Vixio a luz que proxecta a sombra simétrica dos elos da cadea sobre o lenzo escurecido.

Quedou atrás a urbe enmudecida. Atrás quedaron as pingas calmas dos amenceres sen présa. Atrás quedou todo en canto a luciña vermella das portas de ferro comezou a escintilar e a cadeira se deixou arrastrar polo raíl ata a cadea.
No horizonte foron asomando as nubes sobre campos de trigo, tinguidos de papoulas.

Vixio a luz do poñente para que non se desfaga a simetría dos elos proxectados sobre o lenzo escurecido…


miércoles, 1 de mayo de 2013

COA BOCA ABERTA


Xa pasaron sete anos e algo máis. Así como quen no quere a cousa. E eu coa boca aberta, para non dicir nada...

Ao meu carón, Anxelines, abrindo a boca, coma min. Eu sigo aquí. Ela xa non está, non lembro desde cando. Foi calquera día destes sete anos que foron pasando, con máis glorias que mágoas, pero con mágoas que... Mágoas de nada!

Facendo limpeza interior atopei esta foto. Agora estou máis gorda, máis roxa, máis nada...

A vida vai e ven e leva consigo as perlas brancas da dozura, pero tamén leva as mágoas. Ou non?

Nesta teima de limpar que me deu hoxe tamén atopei outra foto. Unha dunha gran lasaña coa que me agasallaron hai un ano e coa que, ao vela, a miña boca tamén quedou aberta.

E sigo aquí, coa boca aberta, as máis das veces para dicir o que non debo, pois son moitas, moitísimas, as que da miña boca soamente debería saír a palabra GRAZAS.