miércoles, 25 de agosto de 2010

Ollando flores e Lúas...


Son eu, si, a que anda de ruada, colocando margaridas e raros gladíolos verdes no reducido espazo da miña mesa de traballo, polo que ademais circula un atril, un bote con bolígrafos, o cinseiro, o paquete de tabaco e mil chisqueiros que ás veces non funcionan, teléfonos fixos e móbiles, un router... e non sei que máis cousas.

O malo de todo isto é que ás veces esquezo que o mundo non se reduce a catro flores, vinte partituras e un lapis e non son quen de ver que ao outro lado da fiestra, a Lúa vai pasando cada sete días polas súas fases e marcando con elo oa tempos de sementeira e recolleita, e que como di nunha décima moi fermosa o meu amigo Piteira, a Lúa minte moito, pois cando mingua medra e cando medra mingua e cando é nova non se ve, pero cando está chea, quen sabe de que, relumbra. E mirade que veu encher onte e a partir de hoxe xa mingua, pero o que vemos é a súa enorme barriga, coma se estivese preñada e a punto de parir...

Vaites! Agora entendo! Se cando mingua ten a barriga grande cara a dereita  é porque ten que parir unha Lúa Nova e como as crianzas, cando nacen son pequeniñas, apenas se ven dentro do sailón...!
E para iso, Tantos libros e papeis, tanta flor exótica, tanta conexión de alta velocidade e tanta comunicación inalámbrica. Para seguir andando de ruada, coas flores como fondo e coa Lúa no horizonte!

Concha L. F. 2010

4 comentarios:


  1. Certo. A Lúa e mentireira mais ¿e nos? ¿no lle mentimos moitas veces con promesas que xa sabemos non habemos de cumprir?
    Este gallego mío debe ser muy bueno, pues yo lo entiendo todo.

    Bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  2. gústanme estas miradas reflexivas sobre o nos mundo mais achegado: os nosos libros, o noso escritorio, o noso portátil... ¡cantos cosas temos! ¿verdade?

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Con flores, bolígrafos, a lúa e a túa sensibilidade pódese abrazar o Universo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Pois claro é que minte a Lua. Pro o Piteira, as veces, tamén minte...un pouquiño.
    A máis, non nos di todo, sempre nos agocha a outra cara.

    E, como di Aldabra, que ben miras o teu arredor. As cousas que non semellan importantes deixan de parecelo cando ti as describes.
    Moitas grazas, Concha, por lembrarte de min.

    ResponderEliminar