miércoles, 1 de septiembre de 2010

ÁS 12:30 DA MAÑÁ

Un día calquera, de calquera semana, de calquera mes, ás 12:30 da mañá.
Unha cola de doce persoas nunha entidade bancaria. Eu a última.
Achéganse a min dúas mulleres que acaban de entrar. Unha terá uns cincuenta e tantos. A outra non pasa dos trinta.
  • Buenos días. Por favor, ¿Es usted la última?
  • Sí.
  • ¿Le importa que me acerque a caja? Es que estuve aquí hace unos minutos y creo que cometieron un error en la operación. Sólo es para hacer una pregunta.
  • Por unha pregunta non hai problema, pero pregúntelle ás once persoas que están diante de min...
Ambas mulleres fan a mesma pregunta en voz alta e as once caras vólvense, mirando con contrariedade, pero non responden.
Achéganse á caixa e fan a consulta. A caixeira dilles que llo pode arranxar, pero que lle leva un anaco.
As mulleres dinlle que o faga, pero non se moven da caixa e a caixeira vaise dispoñer a solucionar o problema.
  • Señoras, se só era unha consulta, vale, xa está feita. Pero se queren amañar o problema, volvan á cola, por favor.
  • Pero usted me dijo que podíamos pasar. Ya hicimos cola la primera vez, hace diez minutos!
  • Pois señora, eu tamén fixen cola hai dez minutos e tamén cometín un erro. Marchei, arranxeino e volvo estar na cola, para que me fagan a transferenza!
  • ¡Pero si me acaba de decir que podía pasar...!
  • Vostede preguntoume se podía saltarse a cola para facer unha pregunta, non para solucionar un problema que vai levar un anaco. Eu díxenlle que por unha pregunta non había problema. Se xa lle responderon e o quere amañar, por favor, póñase de novo á cola e agarde quenda. Coma as doce persoas que estamos aquí...
As mulleres dan media volta e ao pasar polo meu lado míranme fixamente con cara de desaprobación.
  • Muy amable, señora. Muchas gracias...
  • Grazas as que teñen vostedes. Moi amables. Bo día.
Ninguén di nada en voz alta, pero entre murmurios escóitase: "Vaia morro que ten a xente!

5 comentarios:

  1. e que teñen morro, desas persoas hainas en tódolos lados, no banco, no super, na farmacia... o que ten cara, xa se sabe.

    bicos,

    ResponderEliminar
  2. Pero falando alto e claro soluciónase rápido. Ben feito.

    ResponderEliminar
  3. Xa sei que non vou a ser xusto, pero como a min me pasou algunha vez tamen e nesta serie de xente cumplese inescusablemente unha serie de rasgos: 1º- Somos mujeres entradas en una cierta edad. 2º-Vamos vestidas que parecemos "La Collares", Carmen Polo difunta esposa do Xeneral Franco, pa quen non o entenda. 3º-Y por supuesto hablamos un castejano, tremendamente injusto con el castellano y con el gallego, porque ni una cosa ni otra sino todo lo contrario. Vamos o que miña avoa, que Deus a teña na súa gloria definia coma "paletos de capital"

    ResponderEliminar
  4. Hai xente con moita cara, atopámonos cousas así a cotío, o que tén morro, xa se sabe, anda a querer asoballar aos demáis, o caso é non deixarse

    primeira vez que te visito, creo, gustoume

    saúdos

    ResponderEliminar

  5. Algunas veces, me sucede. Llego a la cola de una caja, con una lata de sardinas, por ejemplo. Siempre hay una señora amable que me dice, pase usted, que no lleva nada. Invariablemente le contesto, pasaría sólo en el caso de que todas estas otras personas me dijeran los mismo que usted.
    Da buen resultado, todas asientes. Todas, porque las colas de las cajas están dominadas por ellas... mientras sus maridos silban o miran el precio de una hoja de afeitar.
    Ser amable cuesta poco... y se necesita poco entrenamiento, pero es algo que debe llevarse dentro. Exactamente lo contario, ser un caradura, también se lleva dentro... pero no necesita entrenamiento.

    bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar