Alguén me mandou unha invitación para responder unhas cuestións e a verdade é que non sei moi ben se empezar pola última, pola do medio ou, simplemente pola primeira, como se debe facer todo, desde o principio. Non é que eu sexa moito de enquisas (ou memes? O meu vocabulario non dá para modernidades), pero xa que Xenevra me convida, pois tirarei para adiante.
- Canto tempo levas como blogger?
Apenas uns meses. Comecei abrinda a fiestra da miña gaiola en blogspot, por suxestión de Xulio López, quen un día me dixo que empregase as súas fotos para porlle imaxes aos meus poemas. Logo veu A nena do paraugas...
- Como soubeches da existencia dos blogues?
Non sabería dicilo. Supoño que buceando pola rede, coma todo o mundo. Logo, o blogue do ENL do CPI de Maside foi o meu referente para seguir
- Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia.
- Es lector anónimo dalgún blogue?
- Algúns autores que che esperten especial simpatía.
- Con qué cinco bloggers irías de esmorga?
- Con qué blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
- Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
- Estás satisfeito co teu blogue?
- Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
Como a min me gusta, nen mais nen menos.
ResponderEliminar• Agradezco tu gran consideración al tenerme entre los blogs que lees.
• Fas ben en non escoller. O mundo e demasiado grande e podes encontar xente a quen non lle gustan as memes... anque sepan que veñen con boas intencions.
• E pregunto ¿Ti sabes en que lenguaxe eu escribo?
• moitos biquiños
► CR ► LMA
________________________________
•
Vaia!!!! Que non che sabía eu deste blogue!!! Dalgo bo, ademais de coñecerte un pouco máis, serviu o meme. Agora xa me chegarán as actualizacións directamente!!!
ResponderEliminarAgradeceremos a Xulio López o pulo que che deu ;))
Bico