lunes, 13 de septiembre de 2010

ENQUISA

Alguén me mandou unha invitación para responder unhas cuestións e a verdade é que non sei moi ben se empezar pola última, pola do medio ou, simplemente pola primeira, como se debe facer todo, desde o principio. Non é que eu sexa moito de enquisas (ou memes? O meu vocabulario non dá para modernidades), pero xa que Xenevra me convida, pois tirarei para adiante.


  • Canto tempo levas como blogger?
Apenas uns meses. Comecei abrinda a fiestra da miña gaiola en blogspot, por suxestión de Xulio López, quen un día me dixo que empregase as súas fotos para porlle imaxes aos meus poemas. Logo veu A nena do paraugas...
  • Como soubeches da existencia dos blogues?
Non sabería dicilo. Supoño que buceando pola rede, coma todo o mundo. Logo, o blogue do ENL do CPI de Maside foi o meu referente para seguir
  • Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia. 
Sigo diariamente máis dos que teño tempo de ler, pero se teño que mentar 5, aínda a risco de que alguén se mosquee, Cristal RasgadoO PiteiraXenevraTiñádelo que verZeltia...
  • Es lector anónimo dalgún blogue?
Leo moitos, si. A lectura sempre é anónima. Comento algúns, pero sen anonimato, gústame ir de fronte.
  • Algúns autores que che esperten especial simpatía.
Cada persoa que leo ou de quen miro (e admiro) con detenemento as imaxes que aporta ten algo que comunicarme. Iso xa é suficiente.
  • Con qué cinco bloggers irías de esmorga?  
Son pequena e non me deixan saír de esmorga. A parte disto, tampouco é que a esmorga sexa uns dos meus divertimentos favoritos.
  • Con qué blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
O sexo é importante, pero hai cousas que o son moito máis. Son demasiado coidadosa coas miñas eleccións respecto do sexo sentido.
  • Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
Namoro das palabras e das imaxes, pero estes namoramentos virtuais... como que non me convencen.
  • Estás satisfeito co teu blogue?
Todo é mellorable. A miña GAIOLA e A nena do paraugas o son e moito. Non son moi hábil coas tecnoloxías.
  • Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
O mundo é demasiado grande (ou demasiado pequeno, segundo se mire) e non me gusta comprometer a ninguén. Se me permita a licenza, se é posible, deixar esta pregunta en branco. De non se me permitr, se me comunique e rectificarei esta resposta.

3 comentarios:


  1. Agradezco tu gran consideración al tenerme entre los blogs que lees.
    Fas ben en non escoller. O mundo e demasiado grande e podes encontar xente a quen non lle gustan as memes... anque sepan que veñen con boas intencions.
    E pregunto ¿Ti sabes en que lenguaxe eu escribo?

    moitos biquiños

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  2. Vaia!!!! Que non che sabía eu deste blogue!!! Dalgo bo, ademais de coñecerte un pouco máis, serviu o meme. Agora xa me chegarán as actualizacións directamente!!!
    Agradeceremos a Xulio López o pulo que che deu ;))
    Bico

    ResponderEliminar