viernes, 3 de septiembre de 2010

INUTILIDADE


"Clinging"


Hai tempo que non chove e que a auga non empapa a terra nin limpa as liñas do horizonte.
Ata o meu paraugas resécase, a medio enroscar e o que vexo desde a gaiola está envolto nunha nebla densa aromada con fume, que non me deixa ver con nitidez os perfís da condición humana.

4 comentarios:

  1. Verá como pronto comezan as choivas do Outono e aínda habemos lembrar con saudade estes días secos e de bon tempo.
    Encantado pola súa visita; déixese vir por Ithaca cando lle apeteza ou lle veña ben. Será ben recibida.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar

  2. ¿Non chove hoxe en Ourense?
    Díxome un paxariño que do ceo saían al chuvias. Supoño que alguna delas parou aí.
    Xa podes correxir a este neno sin paraugas.

    bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  3. Pois parece que xa empezou a chover, e agradécese!!

    ResponderEliminar
  4. a verdade e que un pouco de auga de cando en vez non ven nada mal... mais ven todo o contrario... ocúrreseme que podes meter o paraguas baixo a ducha, muller, porque si anda tan reseco ten que estar a pasalo mal.

    biquiños,

    ResponderEliminar