viernes, 25 de febrero de 2011

ASOMANDO...



Hai alguén que xa foi asomando o nariz a este estraño febreiro, pois non quere perder nin unha raiola, non vaia ser que a súa beleza quede oculta tras a explosión das outras flores, cando chegue a primavera.

8 comentarios:

  1. ¡que bonitas y que bien huelen!
    tés razón en que estamos nun tempo estraño, a natureza está a volverse loca... e non é para menos... hoxe, sin ir mais lonxe, fai un día soleado que parece o que non é: inverno.

    a miña orquídea tamén floreou, como cada ano desde que a teño... ponme moi contenta vela agromando as súas primeiras flores... ¡que proeza!, tantos días esperando a sair e encher o salón de color lila.

    a ver si colgo unhas fotos no blog pero e que ando sempre con tantas cousas que facer que...

    biquiños e que teñas un bó fin de semana.

    ResponderEliminar
  2. Certamente sonche incribles. Que fermosura, regalan-los ollos.

    ResponderEliminar
  3. Asoma fermosa a flor da esperanza..
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Os narcisos do meu xardín tamén están todos floridos e está tarde coa calor que ía, recendían que era todo un pracer estar preto deles. Tamén teño algún xacinto e tamén están todos floridos.
    A primavera xa está case que pedindo paso, coas camelias todas floridas, algunhas árbores froiteiras,...
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Perdón escapouse un til "esta tarde" e non "está",
    Perdón

    ResponderEliminar

  6. · Mejor que tu narciso sea rey/reina por unos días. Su 'narcisismo' le hará sufrir mucho cuando llegue la explosión de color que se avecina.

    ¿Sabes? Unos narcisos creciendo en un bosque de hayas, con el suelo cubierto de sus ocres hojas, es un espectáculo visual grandioso.

    · bXs

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  7. Os narcisos xa intúen a primavera.
    [Os que medraron na miña terraza, tan orgullosos e ufanos hai uns días, xa levan a cabeza un pouquiño máis baixa... ata as flores teñen a súa lección de humildade.

    ResponderEliminar
  8. Un ano, só por saber se se "abrían de pronto" como dicía o poeta, prantei xacintos.
    Abríronse, pero non de pronto. Abríronse como se abren todas as flores: levei unha desilusión. Tiña demasiadas espectativas.
    Mágoa.

    ResponderEliminar