jueves, 17 de febrero de 2011

CIDADE DA CULTURA




Que si. Que está moi ben. Que é un edificio fermosísimo, pero case baleiro, no que se dilapidou unha fortuna que Galiza non ten, mentres se estaban, están e estarán facendo recortes nos gastos sociais máis esenciais. Co que se gastou aí (e co que queda por gastar), entre outras cousas, creábanse unhas cantas empresas e promocionábase a xoves emprendedores e emprendedoras (que en Galiza hainos/as a centos, pero fúganse fóra porque aquí non teñen futuro) e creábanse postos de traballo para a xente dunha Terra que sempre estivo esquecida pola súa propia clase política, nacida aquí, criada aquí, pero que polo que se ve, sigue vivindo de cara á galería e dilapidando, repito, unha fortuna real en facer adornos case inútiles, simplemente porque seica queda moi ben de cara ao mundo exterior.

Gustaríame chegar a ver o día en que se amortizase, euro a euro a inversión feita, pero dubido que chegue a vivir tantos anos para iso. Mentres ireime conformando con ler como se vai progresando no moito que aínda queda por facer aí. E de paso, vendo como a nosa xente nova vai emigrando fóra de Galiza e de España, para buscar algo co que vivir dignamente.

10 comentarios:

  1. Miles de euros soterrados, mentres o resto do patrimonio galego está cheo de silvas ou caendo a cachos, a catedral de Ourense está cada día máis deteriorada e seguro que botarlle o teito non custa nin a metade do que van custar os accesos dende Santiago ao mausoleo.
    Non dubido que sexa todo moi fermoso, pero, a qué vén tanta presunción? Mercamos o coche de alta gama pero temos que durmir nel, porque non temos casa.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. A sen razón, o engreimento de personaxes que se cren faraóns rodeados de contribuíntes escravos dos seus caprichos, mentres o verdadeiro patrimonio languidece por falta de fondos. As xentes malviven, emigran, e votan por eles para que sigan enterrando millóns de euros nun mastodonte inútil e forrándose uns cantos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. É certo. Todo certo, pero agora está feito e é tan fermoso...
    Agardo os contidos, agardo que tantos cartos teñan seu proveito, agardo que non o deixen encher de silvas tamén.

    ResponderEliminar
  4. Penso o mismiño que ti. A cultura está ben, moito mais que ben, pero mellor todavía está ter pan para levarse á boca. Primeiro ai que alimentar o estómago e logo o espíritu, digo eu.

    É triste pensar que volvemos ós tempos de antes, a emigrar a Alemania o Francia... o Suiza... o donde sea. E afortunados aqueles que atopan noutro lugar o que non encontran aquí porque nin siquiera esa posibilidade está ó alcance de todos, por estudios o por apoios.

    ¡Que será dos nosos fillos! ¡Onde encontrarán acubillo!

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  5. Bueno, piamos un pouco tarde non si?
    Por qué non fixemos nada cando se aprobou a proposta?
    por qué seguimos votando ós mesmos?
    pois será logo porque nos gusta como administran.

    ResponderEliminar
  6. Tu blog está excelente, me encantaría enlazarte en mis sitios webs. Por mi parte te pediría un enlace hacia mis web y asi beneficiar ambos con mas visitas.

    me respondes a munekitacat19@hotmail.com

    besoss

    Catherine

    ResponderEliminar

  7. · La pregunta clave, para el ciudadano, es saber si sus representantes hacen las cosas para sus representados... o simplemente, para mayor honor y gloria propia.
    No verán tus ojos, Concha, el día en que sop se amortice... e la forma que nosotros entendemos.

    · bXs

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  8. Entiendo que la Cultura como tal no puede paralizarse porque estemos en época de crisis, pero a veces hay que saber parar a tiempo.

    A mí ya no me quedan palabras para hablar de esa construcción, pero para resumir: es totalmente innecesario y a mayores, los gallegos no podemos permitírnoslo.

    Biquiños

    ResponderEliminar
  9. Imagino que cuando hablas de la ciudad de la cultura, te refieres al megaproyecto del Monte do Gozo.

    Cuanta verdad lo que comentas, pero la megalomanía de nuestros gobernantes no tiene límite.

    Falta que un día nos decidamos a botalos a todos ellos.

    Un saludo desde El Bierzo.

    ResponderEliminar
  10. Amortizar? O que? Eso non o mirarán os teus ollos, nin os dos teus tataranetos. Dubido que chegen a rematala, que chegarán. Pero e despois. Quen vai manter iso. Gastos de calefación, luz, persoal (enchufados) pero os pobres van pasar un frío....
    No meu bosque non topo lugar para os megapazos da cultura, bastame cun libro ou un viño no taller de poesía. Bicos.

    ResponderEliminar