miércoles, 9 de marzo de 2011

ÁNGELES DE HIERRO


Hai un tempo vin esta película, que vos recomendo, pois encerra o significado do 8 de marzo ao longo da historia. E porque penso que 8 de marzo debía ser cada día do ano. 



“Cando se empeza a arar, non se deixa o suco”.


A loita iniciada nun principio con entusiasmo, pouco a pouco vaise tornando violenta ao teren que se enfrontar as protagonistas co rexeitamento dun mundo de homes, gobernado por homes, no que o papel das mulleres debía relegarse ao matrimonio, ao coidado das crianzas e da casa, sendo submisas, sen opción a réplica.

Neste mundo ten especial relevancia o papel desempeñado por unha sufraxista (Anjelica Huston), que se define a si mesma coma feminista, non obstante adopta un rol totalmente masculino. A súa ambición política lévaa a rexeitar a oferta de colaboración do grupo de mulleres encabezado por Alice Paul, chegando a negarlle apoio nos momentos máis difíciles e quen só decide apoiala cando atopa que pode sacar rendibilidade política.

Outro personaxe relevante é o senador quen vendo a firme decisión da súa dona de seguir na loita, chegando a estar encarcelada, acaba por rectificar a súa actitude e decide sacar á luz os malos tratos dos que son abxecto unhas mulleres que foron presas sen unha causa, simplemente por “obstruír” a rúa e desposuídas de todos os dereitos coma persoas. Este home é capaz de ver que o que fai a súa dona, o fai polo futuro das súas fillas.

Así mesmo destacaría o papel da celadora da cadea quen se amosa ao principio inflexible, cun comportamento totalmente masculino, exercendo o seu poder e dominio sobre as mulleres encarceladas, recurrindo aos celadores para que exerzan ese poder directamente, e non obstante é capaz de darse conta de que o que están facendo con elas é totalmente vexatorio e inxusto, converténdose así en “emisaria” de tales inxustizas.

Chamoume a atención un pequeno detalle dun soldado, xa maior seguramente veterano de guerra que, cando están diante da Casa Branca se achega e felicítaas pola súa valentía e o seu tesón. Isto vennos demostrar que na sociedade patriarcal na que se desenvolveo film había homes “disidentes” de todas as idades, quen non se recreaban na violencia para submetelas. É coma se o feito de ser soldado o identificase con calquera tipo de loita.

De todas formas, para min o papel máis valente de todos é o da dona do senador. Quizais porque son nai entendo o sofrimento que tivo que supoñer deixar ás súas fillas para loitar polo seu futuro, fóra do ámbito familiar. Conquistar o voto para as mulleres é conquistar unha pequena parte do futuro doutras mulleres e sabe que as súas fillas son o futuro. Non só é importante polo valor do feito e da persoa en si, senón porque é capaz de transmitirlle ao seu marido e ás mesmas nenas o seu espírito de loita, o mesmo que a nai de Alice cando lle di, logo de morrer a súa compañeira, que non pode abandoar.

En si, o mundo das mulleres, aínda que aparentemente avanzou moito no mundo occidental, segue a ser un mundo vetado a moitas, posto que o feito de que vivamos nunha sociedade tan patriarcal aínda, dominada por valores relixiosos, segundo os cales as mulleres son meras transmisoras de vida pola graza divina, e no que as políticas sociais protectoras de sectores desfavorecidos historicamente, coma o das mulleres, fai que sigamos vivindo baixo ese teito de cristal que nos impide, por mor da maternidade e da educación que nos inculcaron, chegar a acadar postos de relevancia na sociedade, sen perder por elo os nosos dereitos como mulleres e como nais. Por outra parte, sigue habendo profesións masculinizadas e certas carreiras universitarias están “copadas” por homes e as mulleres que acceden a elas son consideradas coma intrusas.

Para min, que descoñecía este filme, foi todo un descubrimento. Interésame este tema posto que desde a óptica da docencia, vexo que as nenas siguen estando, en moitos casos, mal consideradas polos seus compañeiros, quen as ven ás veces coma meros obxectos, tal vez inducidos pola publicidade e porque se sigue transmitido esa imaxe das mulleres como seres febles e dominables, cousa que este filme desmitifica.

Resultoume moi emotivo, pois ata certo punto e salvando as distancias temporais, vin reflictidas a moitas compañeiras que adicaron no seu momento e siguen adicando parte dos seus esforzos a loitar polos dereitos das súas iguais e polos dos homes que entenden que as mulleres somos unha parte moi importante na construción da sociedade.

10 comentarios:

  1. A maior parte das veces a incomprensión é das propias mulleres. Pero iso, como moi ben dis, está a cambiar porque a iglesia ,gracias a dios,
    (parece que estou a facer un chiste), está perdendo pulo entre nós.

    ResponderEliminar
  2. Eu non creo que sexa o mundo exterior, o que contamina aos rapaces. É o que "maman" na súa casa, despois iso é trasládado ao mundo exterior.
    Eu estou convencida que mentres as que parimos non desexemos que haxa igualdade de verdade, non a haberá. Somo nós as que comezamos coas diferenzas dende que nacen, as cores da roupa, os xoguetes,... As que comentamos cos amigos "o meu marido é moi bo, axúdame na casa", como se el só tivera obriga de axudar, cando iso é un traballo de dous.
    Eu, até de agora, teño visto moi poucas nais de maltratadores que reneguen del, normalmente deféndeno, a culpa sempre é dela.

    ResponderEliminar
  3. Como Dilaida, penso que mentres sigan existindo actitudes sexistas no seo da familia, malamente imos ter unha sociedade con valores diferentes. Da mesma forma tampouco estou de acordo coas listas paritarias para as eleccións, iso é puro folclore e só conséguese que xente incompetente figure só polo mero feito ser mulleres florero. O eficaz é crear as condicións para que haxa unha igualdade real, e non cotas para lavar a cara, cando no fondo todo segue igual ou sexa cunha desigualdade evidente.

    ResponderEliminar
  4. Xan:
    No seo das familias gárdanse moitas cousas. Unha delas o sexismo que empeza polas cores.

    Respecto da paridade nas listas, ten que existir, pero mirada cunha lupa de aumentos infinitos, pois tanto homes coma mulleres se meten ao chou, máis por afinidades ca pola xusta valía. Dubido que se estude obxectivamente ás bases para facer listas. E iso fai moi pouco favor á política en xeral e ás mulleres en particular.

    ResponderEliminar
  5. encantoume este artigo, con apuntamentos ben interesntes.
    tomo nota da película, espero ter tempo para vela pronto.
    xa che contarei.

    un bico co sabor ainda das orellas e as filloas (non nas vacacións que case nas probei, senon de hoxe mesmo)

    ResponderEliminar

  6. · Algún día celebraremos la inexistencia de los "Días de...". Ya sé. Es utópico... pero para allá caminamos.

    · BXS

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  7. É curioso, eu endexamais pensei que valía menos que ninguén, anque fose home. Mais o tempo quitoume a razón e fun obxecto de "mobbing". Agora sei que anque xa estamos aí, no camiño, queda moito por andare.
    ¡Ben dito e moi ben escrito!.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  8. Fonsilleda:
    Neste tema da igualdade, tardaremos en chegar ao final do camiño. Mostra delo son as mortes violentas de mulleres que cada ano van caendo, as diferenzas salariais que existen, as consideracións sobre as mulleres que subxacen no consciente e no inconsciente colectivo.

    Si, o camiño é longo. Moi longo.

    ResponderEliminar
  9. Fermosa disertación que fas sobre a película e sobre as mulleres, a fin de contas. Non coñecía a existencia dela pero si teño oportunidade vereina pois de seguro merece a pena.
    Onte foron as nosas elección sindicais e hoxe falaba con un compañeiro sobre elas. Preguntáballe se fora moita xente a votar. E nesa "xente" a maior parte somos mullereres. Díxome que unha terceira parte. Xa sei que a política decepciona, e moito, pero sempre que podo exercer o meu dereito ó voto penso nesas todas mulleres que o fixeron posible e dígome. "Vota, agora que podes"

    Biquiños y feliz día porque todos son bos para celebrar a vida.
    Aldabra

    ResponderEliminar
  10. No, no vi esta película pero ya la he anotado, me interesa especialmente.

    Es obvio que queda mucho camino por delante, pero somos nosotrAs las mejores impulsoras del cambio.

    No hay que olvidar el pasado, pero yo vivo el presente sin complejos y alerta a cada injusticia que de algún módo, aunque sea verbalmente, pueda reconducir.

    biquiños

    ResponderEliminar