miércoles, 16 de marzo de 2011

BOSQUE DE BAMBÚ


Bosque de Bambú
Arashiyama - Kyoto
Xapón


Rescatei da arca da lembranza esta foto, aínda que o lugar cae algo lonxe do centro do desastre. Alguén a trouxo hai catro anos do Xapón, pechada na tarxeta dunha pequena cámara Cassio de cor vermella e que aínda conserva o autocolante coa inscrición en xaponés. Son cousas que gardo coma un prezado tesouro, pois daquela, quen fixo a foto era apenas un adolescente que fora de viaxe de estudos a ese país no que todo é orden, disciplina, calma e luz. Un adolescente que veu marabillado polo moito que a cultura xaponesa tiña para aportar ao resto do mundo.

Non podo describir o que penso e sinto sobre o que está a ocorrer nese fermoso, pero comprimido país. E imaxino a cicatriz que quedará na memoria de quen poida contalo o día despois desta desfeita. Hoxe lin nun xornal unha frase dunha xaponesa; dicía algo así como que "Saímos doutras peores". E visto o visto, xa soamente queda non perder a esperanza, pero traballando para que a Terra, xa ben revolta e viva de seu, se rexerenere a si mesma, sen meter nós, coa nosa cobiza, as mans na súa lenta pero segura transformación. Dependemos dela e sen ela somos ninguén.

Como podemos seguir no pensamento necio de que a Terra nos pertence?

10 comentarios:

  1. La tierra es un legado que nos dejaron nuestros antepasados y que deberíamos legar a nuestros sucesores en mejor estado del que nos la dejaron, mas pienso que eso ya será imposible.

    Pobre pueblo japones.Para quien se vueve a repetir la historia nuclear.



    Saludos desde El Bierzo.

    ResponderEliminar
  2. Por desgracia el país del sol naciente, vuelve a recordar su triste pasado, pero ahora sacudido por el terremoto, tsunami y la amenaza nuclear, los pobres no dan curado sus heridas.
    Saludos.-

    ResponderEliminar
  3. Espero e desexo que remate xa este pesadelo para o pobo nipón.Estes días están a darnos unha lección moi grande ao resto do mundo.
    A ver se esta desgraza tan grande serve para que comecemos a respectar o planeta.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. suscribo unha por unha todas as túas palabras.

    os que quedaron para contalo van ter moito que sufrir ata poder a vivir de novo en paz, en caso de que o consigan que o dudo moito.

    ¡pobres! ¡canta door han ter que soportar!

    biquiños,
    Aldabra

    p.d.: a foto é moi fermosa, indícanos o pequeniños que somos mirando cara ó ceo.

    ResponderEliminar

  5. · Xapon... a terra non nos pertenece. Somos nosotros los que le pertenecemos. De las catástrofes hay dos responsabilidades derivadas, la primera, sin culpa alguna, de una Tierra que no ha enfriado del todo... que cuando lo haga, no estaremos para contarlo. La otra, de la necia acción del hombre con sus desafíos inútiles y sus políticas irresponsables. Hoy toca llorar por Japón... y la historia continuará.
    Algo aprenderemos, los demás, que el pueblo japonés es el modelo de civismo y solidaridad al que debiéramos asemejarnos. En sus circunstancias, aquí sería la barbarie.

    La foto es impresionante.

    · un bico

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  6. A natureza é incontrolable, pero moitos desastres levan a firma da especulación que non repara en destruír a natureza, para o enriquecemento duns poucos que compran e subornan gobernos e os seus medios de desinformación; e agora como hipócritas solidarízanse coas desgrazas que eles fomentan.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  7. Moi ben, Concha, esa pregunta para o remate. Non somos donos dela, somos os asasinos dos outros seres vivos, uns parásitos, un cáncer.

    Estes dias case non puden prender a televisión. Dóeme a dor.
    (O teu fillo estará desolado)

    ResponderEliminar
  8. Na liña de Salvochea, hai unha frase que lin en algún sitio pero non recordo onde que me gustou moito: "A terra non nola deixaron os nosos pais, temola prestada dos nosos fillos". Saudos.

    ResponderEliminar
  9. Porque somos uns necios egocéntricos.

    ResponderEliminar
  10. Fago miñas as tuas palabras. Sinto ter estado lonxe estes días.
    Bicos.

    ResponderEliminar