Movimiento armónico
Van e volven, ao harmónico son da airexa e describen finas liñas que se perden nese horizonte a dúas cores, no que todo é branco ou negro, por pura lóxica, en branco e negro. Os grises son casualidades.
Non sei se todo é así, ou se o resto das cores do Arco da Vella son tamén casualidades. Quizais casualidades que dependen dun prisma. Non entendo de física. O que si sei é que moitas veces o noso mundo desdóbrase en dúas cores, coma as dos soños: o branco e o negro, sen que as irisacións dalgúns fiticios sorrisos tingan as herbas, a terra ou o ceo. E nese mundo a dúas cores móvese a indefinición, a falta de horizonte, o errático camiño que seguimos, buscando o lugar que queremos ocupar no mundo, deixando de lado o que quen nos rodea quere que ocupemos. E moitas veces sentimos que somos inútiles, que se nos considera inútiles, que se ve o noso labor coma un fracaso, pois non produce beneficios que nos afasten da fame e da miseria. Porque sempre hai a carón de nós quen prefire vivir na opulencia das cores do Arco da Vella, sendo quen as demais persoas agardan, ca ser unha mesma, en branco e negro, sen liñas e sen horizonte. Ou, simplemente, con esas liñas en branco e negro que se moven harmonicamente ao son da airexa, porque queren ser movidas, soamente pola súa propia airexa interior.
·
· Os grises son casualidades mais, sin eles, ¿que sentido tendrían os brancos e ous negros no seu esplendor? A foto xa mostra a belleza.
· bXs
CristalRasgado & LaMiradaAusente
________________________________
·
Certamente son cores para non destacar, para pasar sen estridencias, pero son as miñas preferidas e mezcladas resultan impactantes. Escribes fermoso, Concha. Un bico
ResponderEliminarfaime pensar a túa reflexión porque poenso en qué e o que quero contestarhce... voume deixar levar pola miña primeira impresión.
ResponderEliminarpenso que sempre hai cores en todo, e tamén tons... porque ningún color en negro negro... hai negro azibache, negro aterdiopelado... será que eu os vexo así porque non me gustan os encasillamentos...
e porque adoro o Arco da Vella, provócame unha ledicia infantil cada vez que o vexo no ceo o na auga.
biquiños e bó fin de semana.
Aldabra
Gústanme moito as fotos en branco e negro. Grazas a ti, a tua reflexión, agora sei que eu podo ser así, con algún reflexo ca outro de unha cor, ou de otra, cando a airexiña deixa de ser tal.
ResponderEliminarAmais, estou arrodeada de daltónicos así que...
Bicos.
Aunque sabemos que existen los colores, muchas, muchas veces, vemos las cosas en blanco y negro.Siempre hemos de enfrentarnos a una encrucijada y tenemos que elegir.
ResponderEliminarPero...hay tantas cosas que nos desagradan que acabamos viendo las cosas, pues eso en blanco y negro.
Saludos desde El Bierzo.
Entre o gris e o negro están os outros cores, os da vida, os que se soñan, e non produe beneficios velos, ou sentilos.
ResponderEliminarBuscarse nun deles é vivirse un a si mesmo.
Boas palabras as túas, Concha, gustáronme; grazas polas túas no meu
Bicos
Ío
airexa, que palabra tan bonita que aprendín hoxe.
ResponderEliminargústame iso de que os grises son casualidades
E se hai quen te fai sentir mal, ti xa sabes, que sempre vas segura de tí.
Eu tamén penso que tanta cór, ás veces non deixa de enlearnos un chisco as neuronas, non sei..
ResponderEliminarSe esta foto é túa tamén, ves de coroarte. Premio non hai, síntese. ;))