domingo, 27 de marzo de 2011

TECNOLOXÍAS


Inmóbil

Acabei maxisterio no mesmo ano que cumpría os 22 e comecei a traballar, logo de aprobar as oposicións no ano 1983, sen chegar a cumprir os 24. Daquela tiña outras metas e ningunha delas pasaba por seguir estudando. Andando o tempo dinme conta de que me faltaba algo: información e formación, moita formación. Entón decidín volver á Universidade, coma unha alumna máis, agora que o que me sobra é tempo. Ou a min é o que me parece.
E velaí que me atopo cada semana rodeada de persoas estudantes coma min, pero da idade das miñas crianzas. Elas teñen a forza para dedicarlle todo o esforzo necesario a cada asignatura. E empregan moi ben as novas tecnoloxías. Eu soamente teño tempo, experiencia docente pero uso as tecnoloxías daquela maneira. O que estudo ten moito que ver coa docencia. E doume conta de que ás veces, a experiencia é a mellor mestra, pois dá unha visión global do feito de ensinar e de aprender. Pero tamén o son a información e a formación continuada e as tecnoloxías. E as voces da xente nova que aínda se comporta coma o que é, estudantes que acollen con certa desidia os discursos do profesorado… E véxome eu coma docente, tentando poñer orden no caos dunha clase á que non lle interesa demasiado o que transmito, quizais porque non son capaz de transmitir, ou porque me falta a empatía necesaria para convencer, ou porque é tanto o que quero transmitir, que me perdo no discurso. Ou porque non uso as tecnoloxías, ás veces.
Pero tamén me vexo coma alumna, ás veces aburrida, pois ou non entendo o que me contan, ou porque quen o conta non ten graza para facelo e o seu discurso, sempre cheo de ensinanzas, deixa de ter interese.

Nisto da docencia é fundamental conectar coa xente nova, chea de intereses diferentes aos das persoas adultas, poñerse á súa altura, sen perder a autoridade moral e de feito que a idade nos dá a quen ensinamos. E iso é moi difícil, pois require un dominio permanente da propia maneira de ser e do temperamento e un coñecemento exhaustivo da realidade cotiá de cada alumno e alumna. Tamén é necesario ter en conta os tempos que nos marca o alumnado, tempos considerados un a un, pois ninguén ten a mesma maneira de percibir e interiorizar as ensinanzas. E, por suposto, evolucionar no tempo, adaptarse aos cambios vertixinosos da sociedade, ás súas sempre cambiantes formas de amosar a realidade. E refírome con isto ao uso de tecnoloxías, pois sei que, sendo unha arma moi eficaz e eficiente para transmitir información, nunca poden deixar de ser un instrumento máis.

É por iso polo que penso que todos estes proxectos de introdución “a saco” nas novas tecnoloxías me parecen en certo modo perigosas e moitas veces, carentes de contido, xa que podemos chegar a pensar que poden substituír ás persoas e moitas veces, mesmo as podemos empregar para darnos un respiro no labor diario. Pero son armas necesarias e moi útiles para manter a atención do alumnado.

Non me nego á introdución das tecnoloxías no ensino, ao contrario, pero penso que nada pode encher o oco das persoas, pois o ensino ten que ser sinónimo de humanidade, de sensibilidade, de achegamento a esas outras persoas sedentas de comunicación directa, de contacto real cun entorno diferente ao da familia, pero complementario e prolongación del. E as tecnoloxías carecen dese punto de contacto humano, de presenza e de roce, de diálogo real, en tempo real e cara a cara.

Claro que, nos tempos que corren e tendo en conta que as crianzas nacen case pegadas a un monitor, a un rato e a un teclado, a única maneira de manter o seu interese ás veces é empregando un monitor, un rato e un teclado. Quizais é por iso polo que decidín volver á Universidade. Para aprender a manter o interese do meu alumnado, a pesar dos cambios tan grandes que se produciron no ensino, logo de 27 anos. E abofé que estou aprendendo. Soamente me falta aplicalo no día a día da miña aula, pero estou niso. Pouco a pouco. Cos anos volvinme máis lenta, pero máis segura, pegada tamén a un monitor, un rato e un teclado.


13 comentarios:

  1. Estoy completamente de acuerdo contigo, la formación y la información nunca debemos dejarla de lado. No me acuerdo de quién era esta frase que tengo presente desde la adolescencia: "El hombre es un eterno transformarse, creerse ya hecho equivale a matarse". Y por supuesto que las personas no somos sustituibles por una máquina, pero lo que sí tiene que cambiar es nuestro enfoque cara a la "Educación de hoy". Te recomiendo que veas el vídeo de "Redes 87". Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Lembro a primeira vez qu eusei un canón de proxección na aula (aínda había que ir cargando con el e o portatil pesaba mogollón). rematado o tema, o alumnado comezou aplaudir. Flipei. Non lles entusiasmara a lección, por suposto, quedaran prendidos das imaxes. En fin!!
    Agora abalan os centros con ordenadores que non se poden usar (non vaia ser que rachen) e co compromiso de que obrigatoriamente os usaremos. Non sabemos como nin por que, pero queda tan bonitiña no xornal a foto do conselleiro nas aulas...

    ResponderEliminar
  3. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  4. As tecnoloxías son unha ferramenta, non unha finalidade. Ultimamente, tanto a Administración querendo sair na foto, coma os educandos deixándose arrastrar; semella que consideran dominado o mundo dominando un rato. Seica non saben a de gatos miañadores que hai...Por non falar doutros felinos.
    Seguimos precisando profesionais. Non o esquezades.

    ResponderEliminar
  5. As novas tecnoloxías abren novas canles para facer máis atractiva a transmisión de coñecementos. Os sistemas educativos dos países escandinavos, Arxentina, Inglaterra, EE.UU. etc, ensinan aos alumnos desde a infancia a falar en publico, a saber comunicar e liderar grupos.
    Hoxe en día en todas as profesións é imprescindible a aprendizaxe continua para reciclar coñecementos.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  6. As tecnoloxías son importantes é necesarias para complementar, pero nunca para suplir ao profesional.
    É importante estar ao día.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Cando rematei o Bacharelato e coma ponte antes da Universidade fixen FPII de Administrativo. Ben, pois un profesor que por aquel entonces definiamos como raro, agora definoo como "persoa con dous dedos de frente", fixonos un día unha pregunta, Morales creo que se chamaba, bueno a pregunta que era ao que iva: ¿Parecevos normal que un futuro contable saia dos estudos facendo asientos a man, pero sen saber usar o Contaplus? Para min está claro a resposta é non.

    ResponderEliminar

  8. · Me gustan tus reflexiones.
    Las tecnología, sean del tipo que sean, no son más que un medio. Debemos tratar de no deificarlas. Bienvenidas cuando se usan como medio para un proyecto previo. Peligrosas cuando son un fin en si mismas. No conducen más que a pérdidas de tiempo. En ese caso, el mensaje boca.oído es más efectivo.

    · 1b

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  9. As novas tecnoloxías, boa reflexión, pero algunhas no son tan novas como a xente se cree.
    O desenrolo tecnolóxico –Internet, comunicacións móbiles, banda ancha, satélites, etc.– está produciedo cambios significativos na estrutura económica e social, e no conxunto das relacións sociais.
    O mesmo tempo estase a converter no eixo dos novos cambios nesta sociedade actual, o auxe que estamos a ter cas telecomunicacións, redes….., supón a porta a unha maior e mais amplía fonte de podelos usar,por exemplo no ensino, canons, pizarras táctiles, ordenadores portátiles, etc, ábrenos un amplo campo a multimedia interactividade co ensino, penso que esta a nacer unha nova maneira de ensinar.
    Ahora ben, temos que darnos conta que non son mais cun medio, por iso debemos saber como empregalas e empregalas ben.-
    Saudos.

    ResponderEliminar
  10. non teño ningunha dúbida de que es unha boa profesora, vese de lonxe... pola túa inquedanza en buscar, en remexer, en non conformarse... son bos aditivos para tentar transmitir ben o que sabers, que non será nada facil.

    admiro a labor dun mestre, pero de quen ten de verdade vocación... ¡podedes facer tanto!

    a visión que estás a adquirir agora como alumna ademais dos novos coñecementos seguro que che son de moita axuda.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  11. por certo, tamén penso como ti, a tecnoloxía na xusta medida.
    biquiños,

    ResponderEliminar
  12. pois non podo menos que aplaudirte, si señora!
    co cómodo qu4e é o sillón despois de comer, botando a siesta á bartola!
    agora que todo vai profesionalmente para tí coma coser e cantar, búscaste outras iniciativas! Ao marxe do bagaxe que che vai dar esta experiencia profesionalkmente, estou a pensar no enriquecemento persoal...

    ResponderEliminar
  13. Gústame vir a tua casa a ler por que será digo eu?

    ResponderEliminar