martes, 17 de mayo de 2011

17 DE MAIO






Hai hoxe un par de anos que, en lugar de estar aquí celebrando a grandeza das nosas Letras e da nosa Terra, me atopaba lonxe, gozando dunha paisaxe coma a da foto, moi similar á de Galiza, que me evocou a miña nenez, chea de recantos de verdor.
Hoxe si puiden celebrar, dalgún modo as Letras desta Terra, en Vilanova dos Infantes, xunto coas compañeiras e compañeiros da Coral de Ruada.
Cando viña de camiño de volta da romaría "Raigame", veume á cabeza este lugar da foto, cheo de paz e tradición, no que pode unha perderse horas e horas contemplando soamente o verde, o silencio, o azul e os nubentos ceos. Coma en Vilanova. Ou coma en calquera outro recanto da nosa Galiza. Tamén hoxe o ceo está gris, pero cheo de luz, da luz das Letras.
E tamén me veu á cabeza o fácil que pode resultar perder as raíces cando nos atopamos nunha terra estraña. E mesmo dentro da Terra, porque así vai a vida, levándonos por camiños longos que ás veces nos fan esquecer quen somos, de onde vimos e polo que loitaron quen nos precederon na andaina.

13 comentarios:

  1. Os que perden as raíces lonxe da terra aínda teñen unha pequena desculpa. Eu aos que non desculpo e lles chamo renegados e non os considero dignos son aqueles persoeiros que teñen nas súas mans a protección da lingua e o que fan é asoballala.

    ResponderEliminar
  2. Aplausos para o comentario de Dilaida.
    Xa que andabas cerca, podías ter avisado.

    ResponderEliminar
  3. Algúns esquecen facilmente. Non son xente de ben, oxalá marcharan lonxe.
    A boa xente non esquece sexa cal sexa a distancia física que a separa da terra. A terra médranos dentro, moi dentro; no lugar máis fondo da nosa orixe. esa que renace dende os nosos ancestros ata os herdeiros do futuro.

    Espero poder oír moi pronto este coro que tanto promete ;))
    Un beixiño

    ResponderEliminar
  4. Eu estou totalmente dacordo con Dilaida. Non sei se foi polo goberno, porque estamos en eleccións ou por que raio foi, pero eu teño a sensación de que foi un día moi "light", non sei, creo que co señor Fraga se celebraba máis esta data. Igual é que teñen medo a que Galicia "Bilingue" os denuncie. O das comillas en Bilingue é porque nunca me acostumarei a chamarlle bilingue a alguén que só fala unha lingua. Saudos.

    ResponderEliminar
  5. Concha moi ben traída esa entrada, non sei que pasou este ano, pero deverdade que nin se notou, foi un día que pasou sin pena nin gloria..
    Descoñezo o motivo, inda que me imaxino por onde vanos tiros.
    Saudiños.-

    ResponderEliminar
  6. ESto es como el día de la mujer trabajadora, ya me rechina el tema. A ver cuando dejamos de celebrar días especiales de todo y normalizamos.

    Lamentablemente creo que faltan siglos para que esto ocurra, mientras tanto, a falar galego cando queramos.

    bicos

    ResponderEliminar
  7. Aplaudo a túa reflexión e tamén a ampliación que fai Dilaida.

    E deixo bicos de lingua, que a lingua hai que usala todo o ano...(todas!!)

    ResponderEliminar
  8. Unha paisaxe realmente espectacular. E o que nos di sobre a lingua é algo que compartimos moitos: só usándoa é como se mantén e manterá, e nós non cederemos.

    ResponderEliminar
  9. Non debemos esquecer quenes somos e de onde vimos. Eso nunca.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  10. Pois tí celebraches o Día das Letras Galegas. Unha festa etnográfica, e cantando, e na nosa terra. E en galego.

    eu tamén o celebrei. O que dí Fabrisa está ben, ogallá non fixera falla día de nada, pero tamén celebramos o noso cumpreanos, e gústanos. A min gústame ter esta celebración, e non quero que a quiten. É unha excusa para aprender dos nosos trandes das letras e para celebrar a nosa língua.

    ResponderEliminar
  11. para mín foi un día mais de tantos, non voy decir outra cosa que non é... lín algún poema de Lois pola rede; fai meses nin siquera oira falar nunca del así que penso que xa fixen un avance... cada un vive o que lle toca, eu quero o galego e o respeto como tal pero non o sinto como miña lingua principal, non penso en galego de continuo pero admiro á xente que loita por él.

    biquiños.

    ResponderEliminar
  12. Se nos esquecemos de onde somos, de onde vimos, de onde pertencemos convertémonos en meros obxectos ou monicreques doutros.
    Bicos

    ResponderEliminar

  13. · No se pueden olvidar lasa raíces, sin ellas, nos lleva el viento hacia la indiferencia.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar