jueves, 5 de mayo de 2011

PARA A LEMBRANZA

 
Miré atrás


De repente, sentín unha fonda melancolía.
Coma se o tempo se tivese detido, volvín a aqueles días nos que agochaba detrás da miña vitalidade e do meu sorriso sentimentos culpables e prohibidos. E, á miña memoria volveu cada instante, cada palabra, cada feito e cada xesto. Sen preguntas nin respostas, envolto nun estrondoso silencio, o meu cerebro foi visualizando, minuto a minuto, todo o acontecido aqueles anos de complicidade mutua, de inquedanzas compartidas, de discusións acaloradas, de bailes tentadores, de acenos disimulados, de intimidade vivida no medio do xentío, de perigosas escapadas sen destino, ...
De repente volveu todo o que deixei atrás, todo o que quixen pechar na gaiola do esquecemento.
Xa non te lembrarás de min, pero eu sigo a escribir todo o que se me pasou pola cabeza naqueles anos.
 

9 comentarios:

  1. "Y al volver la vista atrás
    se ve la senda que nunca se ha de volver a pisar"

    Porque ti xa non es aquela e ainda pode que ti mesma manipularas aquelo que agora pensas que che pasou pola cabeza.

    ResponderEliminar

  2. · Hay un tiempo para eso, un tiempo en el que todo regresa, tal vez para hacer un ajuste de cuentas. Cuando eso sucede, hay que ser cuidadosamente objetivo, y generoso con uno mismo, que el pasado no se corrigem sólo es una oportunidad para conformar el futuro.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  3. Talvez si se lembre de ti e lle ocorra o mesmo que che está ocorrendo a ti. Quen sabe...
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Concha, sempre temos tempo para iso, un tempo no que todo retorna; o que deixamos atrás, tarde ou temprano sempre volta.
    Saudos.-

    ResponderEliminar
  5. Os recordos, esas pequenas cousas que nos habitan por dentro e que volven facerse case de carne e óso.
    Escribir achega do pasado axuda a recordar, e de belo xeito, como as túas palabras, Concha.
    Un abrazo, bicos para ti

    Ío

    ResponderEliminar
  6. Os recordos que nos estremeceron quedan adheridos ao ADN das nosas emocións, por iso perduran eternamente.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. A veces pienso que según la vidava dejándonos su pesada, o liviana carga(a cada cual la suya), lo cierto es que parece que no cumplimos años, vamos cumpliemdo "recuerdos" que antaño dejamos atrás(a veces casi los olvidamos)y de golpe la memoria nos hace un roto y nos retrotrae en el tiempo.

    Recuerdos ¿fermosos?.

    Saludos desde O Bierzo.

    ResponderEliminar
  8. As veces a vida te da sorpresas, é non só é un título dunha canción, e a pura verdade. Pregúntaste si él acordarase de ti e eu che diría casi con toda seguridade que sí. As persoas aínda que somos diferentes non somos tan distintas as unhas das outras. Fai dous anos recibín unha chamada. Era unha persoa que pasou pola miña vida fai moitos anos e que dalgún modo a marcou. Facía doce anos que non sabíamos nada o un do outro e chamoume porque só quería saber si estaba ben é como me iba. Pareceume moi fermoso. No teu caso podería ser igual, aínda que nunca se poña en contacto contigo.

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar
  9. Persoas, sitios, momentos que xa non existen teñen na nosa memoria unha entidade tan real como a taza de café con leite que temos na man.
    E cantas veces falamos e escribimos. Pensamos. Sentimos.

    ResponderEliminar