Sorprendeume a tarde, apoiada no peitoril da fiestra, agardando polas frescas flores da cerdeira e, nun momento de confusión, pensei velas brotar nas puntas das pólas. Pero foi soamente iso, unha confusión.
Quizais se me cruzaron na memoria as imaxes doutras primaveras.
Concha L. F.
Nesta epoca do ano eu xa empezo a percibir o perfume da primavera, o vento ten outro cheiro, xa non corta, senon que abraza, a luz do dia xa ten algo de picara, e nos prados asoman timidas flores amarelas e algunha branca, xa vin a uz vestida de malva...
ResponderEliminarGustame moitisimo este previo primaveral...
Biquiños e haberá que agardar un chisquiño pola fermosa vista das cerdeiras en flor.
:)
Ay, Concha, que ainda queda inverno...
ResponderEliminarSe che serve unha claudieira eu teño unha que xa ten algunha flor, as cerdeiras aínda lles faltan uns días.
ResponderEliminarBicos
Quizais se me cruzaron na memoria as imaxenes doutras primaveras, cando te daba a mán para axudarte as subir as pequechas polas. ¿Lembras? as cerdeiras aínda eran cativas e tí tratabas de non esquecer. Bicos.
ResponderEliminarVexo que hai ganas de primavera, eh? jejeje. Non me estraña, anque o inverno ten o seu encanto, coma as cores da primavera nada.
ResponderEliminarquizá andas coa cabeza nas nubes :-)
ResponderEliminarvendo cerdeiras onde non as hai, e non só iso, se non cubertas de flores e onde xa asoman frutos.
ai, ai, ai, que andará por esa cabeciña...
Qué imaxe mais fermosa. As cerdeiras tamén o son.
ResponderEliminarXa rematará o inverno.
Bicos.
Si, quedar quedará inverno, pero a primavera xa se vén. Eu xa vin agromar algunhas pólas coa bonanza destes últimos días; iso si, as mimosas van este ano retrasadas
ResponderEliminarA ilusión e os soños nunca deben faltar, son os motores da vida.
ResponderEliminarBicos
· Non hai outras primaveras. Hai unha primavera e está sempre dentro de un mismo. Supón que a túa confusión ven de mirar para adentro.
· bXs
CR & LMA
________________________________
·
Gracias por tu visita.
ResponderEliminarHay veces en que la memoria nos juega malas pasadas, hasta el extremo de casi soñar despiertos.
Saludos desde El Bierzo
..Sempre é bó imaxinar cousas bonitas, aínda que só seña por uns instantes cambiar a percepción do mundo real. Non é malo tan só é o noso desexo que nos nos xoga unha mala pasada. Biquiños.
ResponderEliminarOu non, quizais nese preciso instante brotaron, quizais estaban a procura de engalanarte, quizais era o espertar...Temos a posibilidade de crear e crer sen concesións. Biquiños
ResponderEliminarTampouco é cousa de andar sempre canda a resabida "realidade", que vai ti saber qué raio será, por moito que ela presuma de condición.
ResponderEliminarPor certo que as túas fotos ás veces non desmerecen nada das do teu irmán. Esta en concreto paréceme fastuosa e non son dado a esaxerar. Prometo.