Dúo
Do teito penduraba unha lámpada espida e dúas arañeiras competían nunha esquina por ver cal era máis grande. As portas do armario perderan as pechaduras e deixaban ver polas crebas pilas de roupa sen corpos que as habitasen. Na mesiña, na que quebrara xa o cristal, descansaba un cinseiro cheo de cabichas e restos de noites perdidas en conversas inútiles. Os lenzos que protexían a fiestra mareleceran había anos co sol do solpor. Na alfombra repousaba unha antoloxía da lírica medieval castelá, coas follas axadas e aberta pola páxina setenta e cinco. O leito estaba cuberto por unha sobrecama esfiañada, tecida noutrora a gancho por sabias e dilixentes mans, agora entumecidas pola artrose. A madeira do chan perdera o seu verniz alí onde as patas da cadeira, que servía de colgadoiro, deixara os sinais da súa andaina. Detrás da desconxuntada porta que daba ao corredor, unha camisa pedía a berros que alguén a rescatase do cravo que a tiña presa. As paredes brancas zumegaban inquedanza e nas físgoas da pintura pousaba un estraño po gris, solidificado polo abandono.
Todo estaba rodeado por unha espesa néboa de sentimentos e apenas se podía percibir a respiración daqueles ollos sorprendidos polo baleiro. Todo quedou en silencio. Todo deixou de ser para non ser nada máis ca un berro afogado pola frustración e polos anos perdidos.
E todas as miradas se volveron aos diminutos retratos, debuxados sobre seda.
Todas as miradas encerran algo, sentimentos, sentir, tempo, agarimo...
ResponderEliminarSaudos.-
Unha casa vella e soitaria, tal vez. Un pasado, unhas enrugas, case toda unha vida retratada nas paredes...
ResponderEliminarUn manto de dolor y tristeza cubre el dibujo descrito.
ResponderEliminarSaludos desde El Bierzo
Canta tristeza nas túas palabras, parece que todo estea envolvido en halos de duelo, en berros de silencio.
ResponderEliminarQuedo coa alma chea de po.
Concha, un pracer lerche, foi moi fermoso, e moi triste
Saúdos
Ío
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarDetrás dese retrato da desolación, do baleiro, das tebras, da frustración, tivo que habitar un día, a luz, o corazón, a paixón e a esperanza, para que os ollos se asusten do baleiro
ResponderEliminarMoi fermoso, anque triste.
Bicos
...en cando miran a fermosura do tecido, axiña hai quen se decata de quen teceu con tal maestría o fondo, non era máis que un simple capullo!
ResponderEliminarsobrecolledor... ó leer teño a impresión de que este tempo que pasou é lóbrego de mais.
ResponderEliminarbiquiños,
Aldabra
Ben podería ser a descripción dun decorado de peli de suspense. Gústame o contraste entre o fermoso do texto e a tristeza da mensaxe. Saúdos.
ResponderEliminarParece un contrasentido pero é fermoso este relato enchoupado de baleiro e abandono.
ResponderEliminar· Eres una artista de la descripción. Creas un ambiente mágico... y terminamos en dos mínimos retratos.
· bicos
CR & LMA
________________________________
·