viernes, 10 de junio de 2011

DESDEBUXOS NA AREA


Hai algúns anos coñecín a dúas mozas, irmás se mal non lembro. A máis vella era a perfecta concepción da seriedade, adobada sempre cun gran sorriso, quizais ficticio, e cunha alta dose de intelixencia. A máis nova era a encarnación da simpatía, mesturada coa intelixencia (tamén), e ese aire de desenvoltura que a xuventude leva consigo.
Pasou o tempo e neste último ano vinas moitas veces, pero observeinas moitas máis desde lonxe, a través de fotografías e anécdotas que me foron contando amizades que temos en común. Aparentemente non cambiaron nada: a máis vella segue aliñando ben o seu sorriso diante da cámara; a máis nova aparece sempre cun xesto exultante, chamando a atención pola ledicia que transmite... Ou parece transmitir, pois alá no fondo penso que a súa grande intelixencia non lles serviu para nada máis ca para amosar o mundo no que viven e que lles outorgou a abundancia, esquecendo que hai sentimentos, que hai xente ben cerca delas que, pola razón que sexa, non acadaron o teito do éxito perseguido, malia ter loitado arreo para conseguilo.
Magóame que agora miren a quen non tivo ese éxito, baleiro de humildade, coma se fosen seres inferiores a quen non merece a pena nin falarlle.
E o que me magoa aínda máis é que a corte de aduladores e aduladoras que hai ao seu carón se neguen a ver que detrás desa pantalla soamente hai un egoísmo feroz, capaz de fagocitar calquera sentimento de humanidade, de entrega desinteresada, de agarimo sen condicións…

Adorámosvos e bendicímosvos?
Pois vai ser que non.

5 comentarios:

  1. A indiferenza é o maior castigo. Os aduladores son moito peores, son os que lle dá sentido a estes seres engreidos.
    Un saúdo

    ResponderEliminar

  2. · El mundo está lleno de papanatas que no son capaces de ver la esencia de las cosas. Se quedan en la envoltura externa, como si eso fuera garantía absoluta de algo. Mientras, verdaderos tesoros ambulantes... pasan desapercibidos.

    · bicos

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  3. Concha como ben di Ñoco, este mundo está cheo de xente ignorante da vida, quenes se quedan no superficial, sen profundizar ou ben sin mirar o redor, perdéndose moitas das cousas sinselas e belas desta vida.
    Saudos.-

    ResponderEliminar
  4. pois vai ser que non teño ganas de coñecelas, así que si te vexo, non mas presentes, fai o favor...

    é unha mágoa que a xente non empregue a intelixencia en algo positivo e mais util que en alimentar o seu egocentrismo.

    pero de todo hai na viña do señor.

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar