Traba
Xulio López
Acabo de chegar de mercar un par de cousas no supermercado. As rúas de Ourense estaban cheas de xente, logo de dous días de calor asfixiante e de rúas baleiras.
O ceo está algo nubrado. Corre unha airexa suave e fresquiña que me trae á memoria aqueles tempos nos que paseaba horas e horas polas rúas e praias de Porto do Son e Noia, en días anubrados, mentres os meus nenos xogaban coa area, preto da auga, ou pedían sen descanso un cómic de Songoku, unha gominola, percebes ou un xeado (son de bo dente). E ata unha táboa, pinceis e óleos para embarullar imaxes.
Agora son grandes. Xogan noutras praias, constrúen castelos con outras areas e pintan os cadros da súa vida con outros óleos e acuarelas.
Pero a airexa fresca desta tarde lembroume que a base do futuro está no pasado. O presente é un paso efémero. Soamente hai que afirmar ben o pé agora para que non se perda nada do de antes e para que o despois sexa minimamente seguro.
Seguirei pintando con eles. Mentres me dean as forzas.
Menos mal que hoxe refrescou. E , de verdade. Houbo un momento en que tiven frío. Un respiro para o verán que din será terrible.
ResponderEliminarPois si que se estaba ben hoxe polas rúas e que estes días pasados daba medo saír da casa.
ResponderEliminarEu penso que todos sentimos nostalxia de aqueles anos, cando os tiñamos con nós, e ían sempre onde nos íamos. Pero é bo que medren e que aprendan a xogar noutras praias nas que nos non estamos nin coñecemos.
Bicos
Por eiquí tamén abafamos de calor, sobre todo o sábado, foi algo fora de serie, non se aguantaba nin na praia, a pesar de que a auga estaba moi boa, moita xente volveuse para casa polo calor.
ResponderEliminarEu inda teño a sorte que que inda van comigo.
Saudiños.-
Compréndote moi ben. E imposible non mirar atrás, ¿verdade?, recordar tardes de praia, merendas de nocilla, trenzas no pelo, algún concerto, as excursións...
ResponderEliminarCada paso que damos na vida, ten que ser o mais firme posible, para poder construir unha base sólida [aínda que o medo nos ronde sempre, é innato en nós].
¡Canto cariño nas túas palabras!
biquiños,
Aldabra