martes, 28 de junio de 2011

PASOS...

Traba 

Xulio López 

Acabo de chegar de mercar un par de cousas no supermercado. As rúas de Ourense estaban cheas de xente, logo de dous días de calor asfixiante e de rúas baleiras.
O ceo está algo nubrado. Corre unha airexa suave e fresquiña que me trae á memoria aqueles tempos nos que paseaba horas e horas polas rúas e praias de Porto do Son e Noia, en días anubrados, mentres os meus nenos xogaban coa area, preto da auga, ou pedían sen descanso un cómic de Songoku, unha gominola, percebes ou un xeado (son de bo dente). E ata unha táboa, pinceis e óleos para embarullar imaxes.
Agora son grandes. Xogan noutras praias, constrúen castelos con outras areas e pintan os cadros da súa vida con outros óleos e acuarelas.
Pero a airexa fresca desta tarde lembroume que a base do futuro está no pasado. O presente é un paso efémero. Soamente hai que afirmar ben o pé agora para que non se perda nada do de antes e para que o despois sexa minimamente seguro.
Seguirei pintando con eles. Mentres me dean as forzas.

4 comentarios:

  1. Menos mal que hoxe refrescou. E , de verdade. Houbo un momento en que tiven frío. Un respiro para o verán que din será terrible.

    ResponderEliminar
  2. Pois si que se estaba ben hoxe polas rúas e que estes días pasados daba medo saír da casa.
    Eu penso que todos sentimos nostalxia de aqueles anos, cando os tiñamos con nós, e ían sempre onde nos íamos. Pero é bo que medren e que aprendan a xogar noutras praias nas que nos non estamos nin coñecemos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Por eiquí tamén abafamos de calor, sobre todo o sábado, foi algo fora de serie, non se aguantaba nin na praia, a pesar de que a auga estaba moi boa, moita xente volveuse para casa polo calor.
    Eu inda teño a sorte que que inda van comigo.
    Saudiños.-

    ResponderEliminar
  4. Compréndote moi ben. E imposible non mirar atrás, ¿verdade?, recordar tardes de praia, merendas de nocilla, trenzas no pelo, algún concerto, as excursións...

    Cada paso que damos na vida, ten que ser o mais firme posible, para poder construir unha base sólida [aínda que o medo nos ronde sempre, é innato en nós].

    ¡Canto cariño nas túas palabras!

    biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar