viernes, 3 de junio de 2011

CONTROL

Control

Hai tempo que ando buscando un documento importante, deses que se gardan ben gardados para que non se perdan, pero que cando cómpren no aparecen. E durante a busca veume á cabeza o útil que é ter unha boa memoria, na que se vai gardando o importante para poder recuperalo no momento preciso. Cando gardei aquel documento, impreso en papel, no se me ocorreu escanealo e gardar copia na memoria do meu ordenador, de maneira que agora, como son moi ordenada no meu desorde, nin teño o papel, nin teño a copia. E aí é onde perdo o control e por moito que lle dou á tecla, nin aparece o que ten que aparecer, nin desaparece o que xa non é preciso máis ca para ocupar espazo.
Isto lévame á situación real na que se atopa a sociedade: non atopan os papeis quen debían telos custodiados para usalos cando se precisan melloras, de maneira que, quen nos goberna, perdeu o control ata o extremo de ter que empregar a forza para acalar as voces que reclaman un cambio de rumbo nas institucións políticas, económicas, sanitarias, xudiciais e educativas.
Alguén me mandou fotos de Barcelona, da carga policial. Vin imaxes nos noticiarios de televisión e na prensa. E quedei abraiada.
Na actualidade en todos os centros educativos ten que haber unha comisión de convivencia, a finalidade da cal é resolver conflitos de maneira pacífica cando se producen. Será que nos gobernos autonómicos e nacional non saben o que é iso? Ata ese punto perderon o control os gobernos? Ou é que tampouco atopan os documentos importantes, nos que se redactaron normas para a convivencia e resolución pacífica de conflitos?
Igual teñen que volver á escola para saber como funciona unha comisión de convivencia. E que nos collan confesadas ás persoas que exercemos a docencia.

8 comentarios:

  1. Para atopar os documentos vas ter que implantar http://www.paritarios.cl/especial_introduccion_al_5s.htm
    No tema das cargas policiais sorprendeume ademais da brutalidade como os políticos e os xefes policiais tratan de facerse pasar por vítimas. A comisión de convivencia supoño que non te referirás a esas intervencións da Otan para protexer matando.

    ResponderEliminar
  2. Eu penso que a política é un fiel reflexo da sociedade, polo tanto, perdeu valores, perdeu cultura e perdeu forza no discurso. Esactamente igual que a sociedade. Claro está que ainda queda algunha aldea de "irreductibles Galos" que ainda leen, pensan é manteñense fieis a uns valores que non deberon desaparecer. Haber se damos coa tecla de "resetear" e recomenzamos a escribir a humanidade porque as veces atopar documentos vellos o único que saca a luz é polilla. Saudos Concha.

    ResponderEliminar
  3. Sin embargo eu teño a palabra _"control" recargada de forma negativa... non sei polo qué...

    ResponderEliminar
  4. Hay sordos a quienes no les interesa oir,

    ciegos a quienes no les interesa ver e

    estúpidos que no aprendieron nada en la escuela

    de la vida.

    Suerte que la gente del 15 M, optó por la vía

    pacífica.

    Porque es demasiado violento esta sociedad de

    mierda,donde unos lo tienen todo y otros

    carecen de todo.

    Encima esperan que estos no se rebelen nunca.

    Encima para que nos "gobiernen" una banda de

    políticos corruptos y ladrones y las carceles

    llenas de desheredados que ocupan el lugar que

    debían ocupar tanto politiquillo.

    Saludos desde El Bierzo.

    ResponderEliminar
  5. Si, penso que perderon hai tempo o CONTROL todos os políticos, se están no poder, fan o imposible por non perdelo e se están na oposición só teñen ideas destrutivas.
    Os Mossos non é a primeira vez que perden o control, debe ter moito que ver coas persoas que están ao mando, seguro que esqueceron onde agocharon os seus papeis.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Hola Concha; nesta sociedade na que vivimos ou deambulamos, a "política" por chamala dalgunha maneira, é un fiel reflexo desta sociedade corrompida, falta de valores, de cultura de unión. Claro está cas correspondente excepcións estes pucos que ainda quedan, que non se calan, que loitan que se culturizan....
    Ti na entrada pos a tecla de Control, pero esa tecla e a dos grupos políticos que prtenden controlarnos, nos deberiámos pulsara a de Reset para escomenzar de cero, reescribindo una nova sociedade.
    Agora mesmo temos cegos e sordos que non queren ver nin escoitar.
    Unha boa demostración e un exemplo de exemplaridade son toda-las persoas do Movemento do 15M, xente pacífica que non lles gusta gritar, pero que din as cousas suficientemente claras, sin ter que berrar, para que sexan entendidas con claridade.
    Sociedade hipócrita, donde uns teñes todo e queren máis a costas dos de abaixo, e enriba de todo esperan que estos no se rebelen nunca, inda creen que estamos nos tempos de que mexanor enrriba de un, e decimos que chove, eso foron tempos, temos que espertar.
    Creo que o maís sangrante e a panda de
    políticos corruptos que temos, non fán outra cousa que enrriquecerse e roubar e non pasa nada, casos Valencia, Madrid...etc.
    E eiqui me quedo que me quento.
    Saudos.-

    ResponderEliminar
  7. será que eles teñen ben aprendida a lección do "control", e olvidáronse doutras como: diálogo, ben alleo...

    na docencia tedes moito que facer, pero tamén na casa, que parece que nos esquecemos, non toda a respnsabilidade é vosa, como pensan algúns dos que olvidan as súas obrigas.


    Biquiños,
    Aldabra

    ResponderEliminar

  8. · De la memoria... me pasa lo mismo, y confiar mi memoria al ordenador es un mal negocio.
    Sobre la tecla de control. Desde los tiempos de las cavernas ha existido el control, la única novedad es que ahora lo tienen en una tecla. Por ejemplo, con una tecla pueden suprimir este medio de expresión, tipo el botón rojo pero ¿se atreverán a pulsarla?

    · bicos moitos B·M

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar