jueves, 16 de diciembre de 2010

HAI COUSAS...


Hoxe levanteime preguiceira. E tarde, para o que é habitual. E dinme conta de que onte, antes de ir durmir, botei de menos a cervexa que alguén me tiña prometida hai tempo...



Pero en fin, hai cousas que non sempre saen tan dereitas como queremos. Ao fin, tamén lembrei que onte había un ano era o día anterior a unha boa nevada, desas que deixan marca no corazón. Hoxe non hai neve, pero a xeada arrepía os miolos. E conxela certas lembranzas, para que non esquezan.

jueves, 9 de diciembre de 2010

NADIE ASOMA



Entre rejas



Nadie asoma

y esa ventana sigue abierta al infinito.

Cada alma sigue con su alma.

Cada suspiro se pierde

entre las gotas de lluvia.

Vanos sonidos incoherentes.

Suena el agua y las nubes lloran

todas las lágrimas escritas en el cielo.

Y calla su música y todo es silencio

y cada gota golpea un corazón sin aliento.

Nadie asoma…

Se vierte en el vano una plegaria sorda,

unos dedos se mueven y se gastan…

y en ese atril descansan unos folios,

esperan unas letras que no llegan

que se evaporaron en las luces de diciembre.

Mi voz perdida en un otoño que muere,

Se pierde en una imagen, una más,

Una más que no asoma.

sábado, 4 de diciembre de 2010

DESCONTROL






Para que logo digan que as cousas están controladas! Que llo pregunten ás persoas que onte quedaron en terra e perderon unha parte, seguro que importante, dos seus aforros, simplemente porque un colectivo de traballadores e traballadoras decidiu abandonar o seu posto sen tan sequera avisar. Porque entre a xente que onte viu frustrada a súa viaxe habería de todo, desde quen vive desafogadamente a quen vive co xusto. E penso eu que para reclamar os dereitos laborais non se pode xogar coa economía das familias, máxime cando eses traballadores e traballadoras reciben uns soldos que están moi por enriba dos da maioría da xente. E non digo que non deban cobrar en función da responsabilidade que leva implícita o seu traballo, pero si debían amosar máis responsabilidade á hora de reclamar os seus dereitos.

Pregunto que pasaría se de repente o colectivo médico ou docente, unha boa mañá saíse por pernas do posto de traballo e deixase hospitais e escolas baleiras, coas persoas enfermas abandonadas e as crianzas sen control polos corredores. Porque non se trata xa de facerlle dano a empresa, senón que a actitude das persoas que traballan no control aéreo escapa a calquera cousa xustificable.

Na actitude dos traballadores e traballadoras cando reclaman os seus dereitos reflíctese o seu prestixio como profesionais e desde logo, o posto de traballo de controladores e controladoras aéreas é de grande responsabilidade, pero co que acaban de facer amosan unha irresponsabilidade que raia no delito e agardo que alguén lles pida contas, pois ese descontrol non debía quedar impune.

E senón, que outros colectivos laborais lle paguen coa mesma moeda: cando precisen dalgún servizo, que lle dean coa porta no nariz. É sinxelo, simplemente terían que poñerse no lugar no que quedaron onte miles de persoas e aplicarse o conto. Igual non lles gustaba.

Concha L. F.