miércoles, 26 de enero de 2011

FUXIDA


Cada mañá miraba con curiosidade o cancelo de madeira. Había tempo que estudaba a maneira de saltalo. Non era moi alto e, así a simple vista, parecíalle que mesmo se podía meter por entre os barrotes rotos.

Soñaba con acariñar o arume dos piñeiros, con acadar un anaquiño daquel azul que se espallaba máis alá da frouma, de gabear cos esquíos e cantar cos gorrións…

Pero un día deuse conta de que as súas mans apenas cabían nos buracos do arame.

martes, 18 de enero de 2011

ENCIERRO

Closed

Yace en el desván,
apenas cubierta
por un roído lienzo.
Mutilada su sonrisa, deja ver la huella
que la inmisericorde mano de la venganza
ha dejado en su cuello.
Allí, rodeado su rostro
por un rosario de reproches,
egoísmos y míseros objetos,
donados, tal vez,
por la soledad de un alma incompleta,
yace, sin esperanza,
sin sosiego…
Puede que algún día
la venganza acabe, a su vez,
ahogada en su propio veneno.
Quizás sea tarde entonces.
Ya lo es ahora.
Envejeció de pronto,
degollada su juventud
por la lengua bífida de los celos.
No me atrevo a destaparla
pues temo que,
en un intento por salvarle
de su infierno,
la implacable mano del odio
la atrape
y marchite la poca luz
que todavía hay en su cielo.
Callo, pues, también.
Callo y escucho su silencio.
No tengo palabras
que sirvan ya de consuelo.
Callo y desciendo,
dejando a mi espalda,
cerrada,
la puerta del tiempo.










sábado, 15 de enero de 2011

LABIRINTOS





Aí, á luz de mediodía,

agochada entre esas luces vermellas,

quixera sentir a suavidade dos soños

que se encerran entre tantas dobras.

Poderei algún día percorrer os teus sedosos e arumados labirintos?



martes, 11 de enero de 2011

RITA


Rita



Contra o fondo branco, brancas margaridas en floreiro negro, branco raso e branco rostro de ollos negros, negras velas con branca chama…

E na memoria unha imaxe descoñecida, lembrada polas palabras dunha memoria viva…

domingo, 2 de enero de 2011

CAMIÑOS


Rumbo a la nada



Un ano menos que nos queda por andar ruando pola vida,

coa vida ás costas.

Un ano máis que levamos, na memoria,

co que aprendemos, co que esquecemos.

Un ano menos que nos deu felicidade.

Un ano máis de harmónica unidade.

Un ano menos no que experimentamos novas sensacións,

doces coma os bicos e amargas coma as bágoas.

Un ano máis no que coñecemos novas almas,

novos corpos, novas peles.

Un ano menos...

Un ano máis...

Cheo de amor entregado e recibido.

Un ano menos que nos queda por vivir.

Un ano máis que xa vivimos.

Outro ano máis

para andar camiños.