Ás veces a vida quéixase, igual que o fai a Terra. Elas revólvense e vomitan. Ou calan e van facedo á súa maneira.
E nós con elas.
Ás veces as cousas veñen retortas. E non unha vez, senón unha multiplicada por miles de millóns. Ás veces somos nós quen nos revolvemos con furia contra as labazadas que nos dan día tras día e hora tras hora a Terra e a vida.
Ás veces pechámonos nese labirinto que nos ille das furias, dos lumes e dos raios das treboadas.
Ás veces a nosa paciencia chega ao cume, pois agardar con ilusión sen ver resultados fai que rompamos con todo.
Porque a paciencia ten un límite, coma todo e coma todas nós. E nese momento tentamos tirar a toalla. E tirámola de feito. Dunha ou doutra maneira tirámola, aínda que a volvamos recoller ao momentiño, tirámola...Porque todo ten un límite.
Nese momento no que está o límite é cando temos que ir romper e rachar. Ou calar e ter paciencia.
En poucos días Chile e Katmandú sacudíronse pola furia da Terra. O de Chile, polo que lin, non vai mal. O de Katmandú un desastre total. E logo veu o segundo... Ese tremor que moveu de novo a Terra... Alá lonxe. Nepal..