lunes, 30 de agosto de 2010
jueves, 26 de agosto de 2010
TÓDOLOS DÍAS...
Canción de Juanes adaptada para a ópera. Impactoume, por iso a deixo por aquí. Por se alguén quere gozar dela. Merece a pena.
Concha L. F. 2010
miércoles, 25 de agosto de 2010
Ollando flores e Lúas...
Son eu, si, a que anda de ruada, colocando margaridas e raros gladíolos verdes no reducido espazo da miña mesa de traballo, polo que ademais circula un atril, un bote con bolígrafos, o cinseiro, o paquete de tabaco e mil chisqueiros que ás veces non funcionan, teléfonos fixos e móbiles, un router... e non sei que máis cousas.
O malo de todo isto é que ás veces esquezo que o mundo non se reduce a catro flores, vinte partituras e un lapis e non son quen de ver que ao outro lado da fiestra, a Lúa vai pasando cada sete días polas súas fases e marcando con elo oa tempos de sementeira e recolleita, e que como di nunha décima moi fermosa o meu amigo Piteira, a Lúa minte moito, pois cando mingua medra e cando medra mingua e cando é nova non se ve, pero cando está chea, quen sabe de que, relumbra. E mirade que veu encher onte e a partir de hoxe xa mingua, pero o que vemos é a súa enorme barriga, coma se estivese preñada e a punto de parir...
Vaites! Agora entendo! Se cando mingua ten a barriga grande cara a dereita é porque ten que parir unha Lúa Nova e como as crianzas, cando nacen son pequeniñas, apenas se ven dentro do sailón...!
E para iso, Tantos libros e papeis, tanta flor exótica, tanta conexión de alta velocidade e tanta comunicación inalámbrica. Para seguir andando de ruada, coas flores como fondo e coa Lúa no horizonte!
Concha L. F. 2010
viernes, 20 de agosto de 2010
Do baleiro
Detéñome aquí, neste punto da estrada que se perde na néboa. Non sei a onde vou, pero sei que veño da mellor terra que se poida soñar, chea de arumes e sons que se perden na memoria.Agora, desde esta lña definida do meu baleiro, desde este espazo que se enche cos sorrisos que me acubillan a cotío, desde esta liña discontinua que marca o punto medio dos camiños a ningunha parte, detéñome un instante, antes de seguir camiñando.
Concha L. F. 2010
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
