viernes, 20 de agosto de 2010

Do baleiro

Detéñome aquí, neste punto da estrada que se perde na néboa. Non sei a onde vou, pero sei que veño da mellor terra que se poida soñar, chea de arumes e sons que se perden na memoria.

Agora, desde esta lña definida do meu baleiro, desde este espazo que se enche cos sorrisos que me acubillan a cotío, desde esta liña discontinua que marca o punto medio dos camiños a ningunha parte, detéñome un instante, antes de seguir camiñando.

Concha L. F. 2010

4 comentarios:

  1. Nin ti nin ninguén sabe onde vai. Pero é bo detrse a mirar.

    ResponderEliminar

  2. Ni se te ocurra detenerte. Con paso quedo y mirando adelante verás que el futuro se construye con cada pisada.
    Me gusta la estética de este blog. Felicidades.

    Bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  3. As veces o de deterse a mirar é moi producente, pois senón podemosnas perder cousas interesantes. Por certo Concha eu non son Pepe de Noriega, anque este si que é un bo amigo, case familia e compañeiro de andanzas por arquivos.
    Moitos saudiños Concha e grazas polos folgos, que boa falta nos fan a min e mais aos meus compañeiros.

    ResponderEliminar
  4. Non sabemos onde imos, pero sabemos o que buscamos, aínda que nunca o atopemos.
    Apertas
    (Vexo que cambiaches de casa...)

    ResponderEliminar