viernes, 17 de septiembre de 2010

DOR


Dolor. "Bebín da túa copa..."




Bebín da túa copa e, sen máis, verteu o seu contido no meu espazo...
E as aguzadas puntas confundíronse coas chatas cabezas e todo tornou transparente, coma o cristal da copa que contén ese metal que me emboba e me fire...

E as miñas mans xa non sosteñen nada máis ca esa dor punzante que ás veces me corroe, pero que me mantén con vida, para beber unha e outra vez os alfinetes da túa copa...

4 comentarios:

  1. Gústame , Concha.
    "Unha vez tiven un cravo, cravado no corazón", que decía a nosa Rosalía. Supoño que será de amor, pero, xa sabes, que non falte.

    ResponderEliminar

  2. Algunas veces, la vida nos sirve copas, de obligada bebida, que lejos de reconfortar, como un buen vino debe hacer, sólo producen desgarros en el alma.
    Xulio debiera abrir un blog fotográfico... o tú, convencerlo. Sus fotos bien merecen la pena.

    Bicos

    CR LMA
    ________________________________

    ResponderEliminar
  3. Como di mariajesusparadela, lembrei o poema de Rosalía. Non fai moito, é ben curioso, eu fixen tamén alusión o mesmo en un dos meus blogues.
    Gustoume, de calquer xeito, como o diseches ti.
    Gracias por pasarte.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. A dualidade da vida, o dolor e o pracer intimamente unidos, quen ben te quere tamén te fará sufrir....

    ResponderEliminar