viernes, 11 de febrero de 2011

A CERDEIRA


Sorprendeume a tarde, apoiada no peitoril da fiestra, agardando polas frescas flores da cerdeira e, nun momento de confusión, pensei velas brotar nas puntas das pólas. Pero foi soamente iso, unha confusión.

Quizais se me cruzaron na memoria as imaxes doutras primaveras.

Concha L. F.

14 comentarios:

  1. Nesta epoca do ano eu xa empezo a percibir o perfume da primavera, o vento ten outro cheiro, xa non corta, senon que abraza, a luz do dia xa ten algo de picara, e nos prados asoman timidas flores amarelas e algunha branca, xa vin a uz vestida de malva...

    Gustame moitisimo este previo primaveral...

    Biquiños e haberá que agardar un chisquiño pola fermosa vista das cerdeiras en flor.

    :)

    ResponderEliminar
  2. Se che serve unha claudieira eu teño unha que xa ten algunha flor, as cerdeiras aínda lles faltan uns días.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Quizais se me cruzaron na memoria as imaxenes doutras primaveras, cando te daba a mán para axudarte as subir as pequechas polas. ¿Lembras? as cerdeiras aínda eran cativas e tí tratabas de non esquecer. Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Vexo que hai ganas de primavera, eh? jejeje. Non me estraña, anque o inverno ten o seu encanto, coma as cores da primavera nada.

    ResponderEliminar
  5. quizá andas coa cabeza nas nubes :-)
    vendo cerdeiras onde non as hai, e non só iso, se non cubertas de flores e onde xa asoman frutos.
    ai, ai, ai, que andará por esa cabeciña...

    ResponderEliminar
  6. Qué imaxe mais fermosa. As cerdeiras tamén o son.
    Xa rematará o inverno.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Si, quedar quedará inverno, pero a primavera xa se vén. Eu xa vin agromar algunhas pólas coa bonanza destes últimos días; iso si, as mimosas van este ano retrasadas

    ResponderEliminar
  8. A ilusión e os soños nunca deben faltar, son os motores da vida.
    Bicos

    ResponderEliminar

  9. · Non hai outras primaveras. Hai unha primavera e está sempre dentro de un mismo. Supón que a túa confusión ven de mirar para adentro.

    · bXs

    CR & LMA
    ________________________________
    ·

    ResponderEliminar
  10. Gracias por tu visita.

    Hay veces en que la memoria nos juega malas pasadas, hasta el extremo de casi soñar despiertos.

    Saludos desde El Bierzo

    ResponderEliminar
  11. ..Sempre é bó imaxinar cousas bonitas, aínda que só seña por uns instantes cambiar a percepción do mundo real. Non é malo tan só é o noso desexo que nos nos xoga unha mala pasada. Biquiños.

    ResponderEliminar
  12. Ou non, quizais nese preciso instante brotaron, quizais estaban a procura de engalanarte, quizais era o espertar...Temos a posibilidade de crear e crer sen concesións. Biquiños

    ResponderEliminar
  13. Tampouco é cousa de andar sempre canda a resabida "realidade", que vai ti saber qué raio será, por moito que ela presuma de condición.
    Por certo que as túas fotos ás veces non desmerecen nada das do teu irmán. Esta en concreto paréceme fastuosa e non son dado a esaxerar. Prometo.

    ResponderEliminar